Kampala
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Uganda | ||||
Rexión | Região Central (pt) | ||||
Distrito | Distrito Kampala | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.680.600 (2019) (8.892,06 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 189.000.000 m² | ||||
Bañado por | Lago Vitoria | ||||
Altitude | 1.190 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Presidente (pt) | Erias Lukwago (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | kcca.go.ug | ||||
Kampala é a capital de Uganda, en África central e cunha poboación de 1 208 544 habitantes, segundo o censo de 2002, é a maior aglomeración urbana do país. Está situada no distrito homónimo, a unha altura de 1.189 metros sobre o nivel do mar. A cidade goza dun clima amornado pola súa altitude, a pesar da súa proximidade ao ecuador terrestre.
As súas actividades económicas máis destacables son a industria, en especial a mobiliaria e a maquinaria, así como a exportación de produtos agrícolas como café, algodón, té e azucre.
Existe un aeroporto internacional en Entebbe, a uns 35 quilómetros de distancia, así como un porto sobre a beira do Lago Vitoria a 10 quilómetros, Port Bell.
No sector de Makarere Hill pode acharse o campus principal da Universidade de Makarere, un dos principais centros de estudos superiores de África central e oriental. Kampala é tamén a sede do Banco de Desenvolvemento da África Oriental.
De acordo coa enquisa do bienio 2004-05 realizada polo Ministerio de Saúde, Kampala posúe o maior índice de infección por VIH. O 9´2% dos adultos áchase infectado, taxa que se dispara ao 47% en canto aos traballadores sexuais refírese.
Orixe do nome
[editar | editar a fonte]Antes da chegada dos británicos, o Kabaka ou rei de Buganda elixira a zona que se convertería en Kampala como un dos seus refuxios de caza. A zona está formada de outeiros onduladas e exuberantes zonas húmidas. É unha zona de cría ideal para varios antílopes -particularmente o impala. Cando os británicos chegaron á zona chamárona os Outeiros dos Impala (Hills of the Impala en inglés).
A lingua dos baganda, o luganda, adoptou moitas palabras do inglés debido á interacción dos seus falantes cos británicos. Desta forma, os baganda traduciron "os Outeiros dos Impala" como Kasozi ka Empala -"Kasozi" significa "outeiro", "ka" significa "de" e "empala" significa "impala". Ao falar en lugandés, as palabras ka e empala pronúncianse xuntas, como unha soa palabra, Kaampala. Pronto, cando o kabaka ía cazar os baganda dicían Kabaka agenze e "ka Empala", que significa, "O kabaka foi a Ka'mpala". O nome Kampala axiña foi adoptado.
Historia
[editar | editar a fonte]Kampala expandiuse ao redor dun forte construído por Frederick Lugard en 1890 para a Compañía Británica da África Oriental. En 1962, Kampala substituíu a Entebbe como capital nacional. Gran parte da cidade foi destruída en 1979 tras o derrocamento do goberno ditatorial de Idi Amin e a subseguinte guerra civil.
Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]As Tumbas dos reis de Buganda en Kasubi localizadas no outeiro de Kasubi da capital, foron incluídas no Patrimonio da Humanidade da Unesco no ano 2001.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kampala |