Moroni
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Comores | ||||
Autonomous island of the Comoros (en) | Gran Comora | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 62.351 (2013) (2.078,37 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 30 km² | ||||
Bañado por | Océano Índico | ||||
Altitude | 29 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 269 | ||||
Moroni (en árabe موروني Mūrūnī) é a cidade máis grande das Comores, e a súa capital dende 1962. O nome "Moroni" provén de "Oundroni", que significa benestar, felicidade. A súa capital municipal, Badjanani, provén á súa vez das palabras árabes "Bab" (portas) e "Djannat" (paraíso), isto é, porta do paraíso.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade sitúase na costa oeste da illa Gran Comora. Estímase que no 2003 a súa poboación era de 60.200 habitantes.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Moroni era a capital do sultanato de Bambao. Alberga unha medina que estaba rodeada por unha muralla que foi destruída polos franceses no século XIX.
Converteuse na capital das Comores en 1962. Foi capital da República Federal Islámica das Comores trala independencia en 1975, e dende o 2002 é a capital da Unión das Comores.
Na cidade está a embaixada da ONU, o PNUD, a embaixada de Francia e a da China. Tamén alberga a sede do parlamento da Unión das Comores, a do Banco Central e a do conxunto dos ministerios e a administración da Unión, así como a Universidade das Comores.
Economía
[editar | editar a fonte]Exporta entre outros produtos vainilla, coco, e café.
Transporte
[editar | editar a fonte]O Aeroporto Internacional Príncipe Said Ibrahim (código IATA: HAH, código ICAO FMCH) ou Aeroporto Internacional de Hahaia está a uns 30 quilómetros, xunto á pequena localidade de Hahaia. Nel ten a súa base a aeroliña Air Comores International.
Tamén dispón dun porto con transporte regular ao continente africano e ás outras illas do arquipélago das Comores, así como Madagascar e outras illas do océano Índico. Este porto non é moi profundo, polo que é o porto de Mutsamudu (na illa de Anjouan) no que desembarcan os paquebotes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "USA Today Travel Guides.". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 01 de agosto de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moroni |