Saltar ao contido

Hospital de la Santa Creu i Sant Pau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaHospital de la Santa Creu i Sant Pau
(ca) Hospital de la Santa Creu i Sant Pau Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoedificio
antigo hospital (pt) Traducir
hospital Editar o valor en Wikidata
EpónimoPau Gil i Serra (en) Traducir e Paulo de Tarso Editar o valor en Wikidata
Parte delist of Modernista buildings in Barcelona (en) Traducir
Palau de la Música Catalana and Hospital de Sant Pau, Barcelona (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaEl Baix Guinardó, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°24′46″N 2°10′28″L / 41.4128, 2.1744
Características
Material usadoladrillo
vidrado (pt) Traducir
Vidreira gótica Editar o valor en Wikidata
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 6,74 ha
zona de protección: 23,14 ha Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data1997 (21ª Sesión)
Identificador804-002
Ben de interese cultural
TipoMonumentos do patrimonio histórico de España
Data19 de maio de 1978
IdentificadorRI-51-0004278
Ben Cultural de Interese Nacional
TipoMonumentos do patrimonio histórico de España
Codi BCIN59-MH-EN Editar o valor en Wikidata
Codi BICRI-51-0004278 Editar o valor en Wikidata
Id. IPAC63 Editar o valor en Wikidata
Id. Barcelona2827 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación1905 Editar o valor en Wikidata
Actividade
PremiosCreu de Sant Jordi (1991),Medalla de Ouro da Generalitat de Cataluña ,Concurs anual d'edificis artístics (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina websantpaubarcelona.org Editar o valor en Wikidata
BNE: XX86346 Dialnet: 1151752

O Hospital de la Santa Creu i Sant Pau (Hospital da Santa Cruz e San Paulo), coñecido habitualmente como Hospital de Sant Pau, é un conxunto modernista situado en Barcelona, proxectado polo arquitecto Lluís Domènech i Montaner. Foi construído entre 1902 e 1930 en dúas fases: a primeira, realizada por el mesmo entre 1902 e 1913, consta de 13 edificios modernistas; a segunda, realizada polo seu fillo Pere Domènech i Roura a partir de 1920, conta con seis edificios máis, dun modernismo moderado, ademais doutras construcións posteriores. Aínda que non se desenvolveu integramente todo o proxecto orixinal, a súa notoriedade foi recoñecida por varios premios e co recoñecemento como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1997.

Edificado como centro hospitalario moderno e innovador, logo de cen anos deixou de cumprir esa función e, actualmente, está sendo restaurado para albergar centros vinculados coa secretaría xeral da Unión polo Mediterráneo, situada en Barcelona. As súas funcións hospitalarias foron trasladadas a un novo hospital dentro do mesmo perímetro do recinto en sintonía coas necesidades do século XXI.

Construído cos materiais e a decoración propia dun modernismo con inspiración neogótica, destaca a profusión da cerámica, con funcións profilácticas e decorativas, ladrillo visto e esculturas que incorporan unha ampla iconografía onde se mostra a visión relixiosa e historicista do seu autor.

Pola gran cantidade de edificios, a súa riqueza ornamental e o seu nivel de conservación, o Hospital de Sant Pau é o conxunto máis grande da arquitectura modernista catalá.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]