Hidróxido de calcio
Hidróxido de calcio | |
---|---|
Propiedades | |
Nome | Hidróxido de calcio |
Outros nomes | Hidróxido de calcio(II), Hidróxido cálcico, Cal apagado. |
Fórmula química | Ca(OH)2 |
Masa molar | 74,093 g/mol |
Aparencia | Po branco. |
Estrutura cristalina | hexagonal |
Número CAS | [1305-62-0] |
Densidade | 2.24 g/cm3, sólido |
Solubilidade | 0,185g/100 cc de auga. |
Produto de solubilidade | Kps=4,68E-6 |
Punto de fusión | 580 °C (Descompoñéndose). |
Punto de ebulición | N/A |
Carácter ácido/Base (pKb) | N/A |
Calor específica | 1,18095 J/g•°C |
Termoquímica | |
Entalpía de formación | -985,2 kJ/mol |
Seguridade | |
MSDS | hydroxide.html MSDS[Ligazón morta] |
Clasificación EU | Corrosivo (C) |
Temperatura de inflamación | Non inflamable. |
Compostos relacionados | |
Mesmo Anión | NaOH, KOH, NH4OH |
Mesmo Catión | CaCl2, CaF2, CaO |
As propiedades sen referencia veñen dadas en condicións estándar(100 kPa, 25 °C), a non ser que se indique outra cousa. |
O hidróxido de calcio é un composto químico de fórmula Ca(OH)2. É unha substancia incolora, cristalina, que reducida a po ten cor branca, e obtense por reacción do óxido de calcio (chamado cal viva ) coa auga. Pode obterse tamén mesturando unha disolución acuosa de cloruro de calcio e unha disolución acuosa de hidróxido de sodio.
Un nome tradicional para o hidróxido de calcio é o de cal apagada ou de cal hidratada . Se quentamos hidróxido de calcio sofre unha descomposición química dando o óxido de calcio e auga. Unha suspensión de partículas finas de hidróxido de calcio en auga, chamada auga de cal (o leite de cal), é unha base moderadamente forte que reacciona violentamente cos ácidos.
Usos
[editar | editar a fonte]O hidróxido de calcio debido á súas características básicas fortes, ten varias aplicacións, por exemplo:
- Tratamento de augas residuais e mellora de chans ácidos.
- Ingrediente de morteiros empregados en albaneileria.
- Como álcali usado como substituto do hidróxido de sodio nalgúns tratamentos para estirar o cabelo.
- Como reactivo:
- Para agregar calcio bio-dispoñible nas disolucións para os animais e plantas que utilizan moito calcio como por exemplo algas, caracois, e corais.
- Na industria para a neutralización de excesos de ácido.
- Na industria de refino do petróleo para a fabricación de aditivos de aceites.
- Na industria química para a fabricación de estearato de calcio.
- No sector alimenticio para procesar a auga que se vai empregar na preparación de bebidas alcóholicas ou sen alcohol.
- Para liberar a salmoira de carbonatos de calcio e de magnesio, na fabricación do sal para alimentación ou para a farmacopea.
- Indíxenas americanos e latinoamericanos emprégano na cociña.Ó hidróxido de calcio chámanlle “cal”. O millo cociñado con cal dá lugar ó nixtamal, que se considera máis saboroso e máis fácil de dixerir.
- Como recheo:
- En petroquímica na industria para a fabricación de varios aceites sólidos.
- Na fabricación de ebonita.
- Para a preparación de mesturas secas para pintura e decoración.
- Para elaborar mesturas na fabricación de pesticidas.
- Para a fabricación dunha droga chamada “Polikar” para loitar contra enfermidades ocasionadas por fungos en froitas e vexetais durante a almacenaxe.
- En odontoloxía en recheos dentarios para reducir inflamacións.
Riscos para a saúde
[editar | editar a fonte]Unha sobredose de hidróxido de calcio pode dar lugar a síntomas perigosos incluíndo:
- Dificultade na respiración.
- Hemorraxias internas.
- Baixada da presión sanguínea, hipotensión.
- Parálise da musculatura esquelética, interferencia co sistema da actina-miosina.
- Un aumento no pH do sangue que é prexudicial para os órganos internos.