Saltar ao contido

Idosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Idosa[1]
Idosa
Molécula de β-D-Idopiranosa.

Fórmula liñal.
Nome químico 6-(hidroximetil)oxano-2,3,4,5-tetrol
Abreviatura Ido
Fórmula química C6H12O6
Masa molecular 180.16 g mol−1
Densidade 1.54 g cm−3
Número CAS [2152-76-3]

A idosa é un monosacárido de seis átomos de carbono (hexosa) cun grupo aldehido (aldosa), polo que pertence ao grupo das aldohexosas. Non aparece soa na natureza, pero forma parte dos azucres que compoñen algúns glicosaminoglicanos, como o dermatán sulfato e o heparán sulfato, importantes compoñentes da matriz extracelular. Na idosa o primeiro e terceiro grupos hidroxilo (OH) teñen orientación oposta aos hidroxilos das posicións segunda e cuarta. A idosa pode obterse por condensación aldólica do D- e L-gliceraldehido.

A oxidación do carbono 6 da idosa orixina o ácido idurónico.

Isómeros

[editar | editar a fonte]

A L-idosa é un epímero da D-glicosa.

En disolución acuosa a 27 °C a forma tautómera predominante da idosa é a β-D-idopiranosa (37%)[2].

Isómeros da D-idosa
Forma liñal Proxección de Haworth

0,2%

α-D-idofuranosa
11,5%

β-D-idofuranosa
14%

α-D-idopiranosa
38,5%

β-D-idopiranosa
36 %
  1. Merck Index, 11th Edition, 4818.
  2. Peter M. Collins (2005). CRC Press, ed. Dictionary of carbohydrates (en inglés). p. 640. ISBN 0849338298. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]