Illa de Gorée
(fr) Île de Gorée | |||||
Tipo | illa patrimonio cultural Communes d'arrondissement of Senegal (en) espazo urbano car-free place (en) Patrimonio da Humanidade | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Goedereede (pt) | ||||
Parte de | Four Communes (en) | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Plateau/Gorée Arrondissement, Senegal (en) | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Características | |||||
Perímetro | 3 km | ||||
Superficie | 0,182 km² | ||||
Patrimonio da Humanidade | |||||
Tipo | Patrimonio cultural → África | ||||
Data | 1978 (2ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vi) | ||||
Identificador | 26 | ||||
Monument historique in Senegal (en) | |||||
Patrimonio de influencia portuguesa | |||||
Páxina web | iledegoree.org | ||||
Île de Gorée (Pronunciación francesa: [ildəɡoʁe]; "Illa de Gorée") é un dos 19 municipios do Distrito de Dakar, Senegal. É unha illa de 18´2 ha situada a 2 km. do porto principal de Dakar (40000 14°40′N 17°24′O / 14.667, -17.400), famosa como destino para as persoas interesadas no comercio de escravos no Atlántico aínda que o seu papel real na historia do comercio de escravos é obxecto de disputa.
A súa poboación no censo de 2013 era de 1.680 habitantes, dando unha densidade de 5.802 hab/km², que é só a metade da densidade media da cidade de Dakar. Gorée é tanto o máis pequeno como o menos poboado das 19 comunas de Dakar.
Outros centros importantes para o comercio de escravos do Senegal estaban máis ao norte, Saint-Louis, Senegal, ou ao sur na Gambia, na desembocadura dos principais ríos para o comercio.[1][2] É Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[3]
O nome é unha corrupción do seu orixinal holandés Goedereede, que significa "boa rada".
Historia e comercio de escravos
[editar | editar a fonte] Portugal 1444–1588
Países Baixos 1588-1629 Portugal 1629 Países Baixos 1629-1664 Inglaterra 1664-1677 Francia 1677-1758 1758-1763 Francia 1763-1960 Senegal 1960-presente |
Durante máis de tres séculos foi o mercado de escravos máis importante para abastecelo mercado dos Estados Unidos de América, Caribe e o Brasil, principalmente. A illa foi invadida polos portugueses en 1.444, baixo cuxa bandeira en 1536 construíuse a primeira casa de escravos. A partir de entón, ata o 1848, o ano en que a Francia abolíu a escravitude, nesta illa estableceuse a base máis activa do comercio dos escravos. A casa construída por un holandés en 1776, que aínda se conserva, converteuse en museo pola Unesco.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Imaxe da illa en 1842
-
Porto de Gorée
-
Porto de Gorée
-
O horizonte de Dakar visto desde Gorée
-
Neno senegalés na illa Gorée
-
Rú en Gorée
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""Goree and the Atlantic Slave Trade", Philip Curtin, History Net, accessed 9 de xullo de 2008". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2017.
- ↑ Les Guides Bleus: Afrique de l'Ouest (1958 ed.), p. 123
- ↑ "21 World Heritage Sites you have probably never heard of". Daily Telegraph.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de Gorée |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- UNESCO Arquivado 11 de abril de 2011 en Wayback Machine.
- Photos of Goree on Flickr
- Mairie de Gorée (en francés)
- Archaeological Research on Gorée Arquivado 24 de xullo de 2017 en Wayback Machine., Rice University
- Gorée and the Slave Trade, Philip Curtin, African Threads, History Net
- George W. Bush's visit