Saltar ao contido

José Fernández Miniño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Fernández Miniño
Biografía
Nacementoc. 1894 Editar o valor en Wikidata
O Porriño, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (41/42 anos)
Guillarei, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial, político Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsRogelio Fernández Miniño
Eduardo Fernández Miniño
Antonio Fernández Miniño Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 3242

José Fernández Miniño, nado no Porriño cara a 1894 e finado en Guillarei (Tui) o 16 de agosto de 1936, foi un industrial e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Monumento aos asasinados na Volta da Moura.

Fabricante de calzado no Porriño, chegou a instalar un segundo comercio en Tui en 1934. Formou parte da Federación Obrera Local e mantivo relación co Centro de Estudios Sociales y Científicos do Porriño. Colaborou no Boletín Oficial de la Sociedad Fomento de Porriño. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e sometido a un proceso militar. Estaba preso na cadea de Tui. Foi sacado da cadea e asasinado na Volta da Moura o 16 de agosto de 1936 con Joaquín Alonso Granados.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Consolación Pereiro Trelles (finada en 1975),[1] e foi pai de Antonio, Carmen, José, Jesús e Enrique Fernández Pereiro.[2]

  1. El Pueblo Gallego, 10-1-1975, p. 12.
  2. El Pueblo Gallego, 21-4-1965, p. 17.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]