Jeff Beck
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2020.) |
Nome orixinal | (en) Geoffrey Arnold Beck |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de xuño de 1944 Wallington, Reino Unido (en) |
Morte | 10 de xaneiro de 2023 (78 anos) Wadhurst, Reino Unido (en) |
Causa da morte | meninxite bacteriana |
Lugar de sepultura | St Mary the Virgin Churchyard (en) |
Educación | Wimbledon College of Art (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Música rock, jazz rock, música instrumental e guitar performance (en) |
Ocupación | guitarrista, produtor musical, artista discográfico, músico de rock, compositor de cancións, compositor, guitarrista de jazz, Cantante de rock |
Período de actividade | 1964 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock, Blues, Blues rock e Fusion |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | EMI Atco Records Epic Records |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | jeffbeck.com |
|
Jeff Beck, nado en Wallington o 24 de xuño de 1944 e finado en Wadhurst (East Sussex) o 10 de xaneiro de 2023, foi un guitarrista inglés de rock.
Formou parte da banda The Yardbirds para comezar logo unha carreira en solitario na que experimentou cunha variedade de xéneros como blues rock, rockabilly, heavy metal, jazz fusión e ata techno.[1] Foi clasificado no quinto posto na lista dos "100 mellores guitarristas de todos os tempos" da revista Rolling Stone.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a atraer a atención coma guitarrista cando se incorporou ós Yardbirds en 1965, coma substituto de Eric Clapton. Naquela época, os Yardbirds atravesaban unha fase de transición, apoiándose menos no impulso orixinal dos blues americanos e pasando a desenvolver as súas propias ideas. Anos máis tarde, Beck describiríaos coma "a primeira banda psicodélica"[Cómpre referencia]. Aínda que Beck e Clapton estaban similarmente enraizados no blues, Beck resultaba moito máis adecuado para o enfoque cada vez máis experimental dos Yardbirds. Co paso do tempo revelouse coma un músico en constante busca de novos sons, texturas e medios de expresión a través da guitarra. Clapton era e segue sendo esencialmente un guitarrista de blues.
En 1966, os Yardbirds conseguiron apartar a Jimmy Page do seu lucrativo traballo coma guitarrista de estudio e persuadírono de que tocara o baixo co grupo. Nunha ocasión en que Beck caeu enfermo, Page substituíuno na guitarra para que o grupo puidese actuar. Cando Beck se recuperou houbo un breve período no que Beck e Page tocaron a guitarra solista á vez nos Yardbirds. Non obstante, ese mesmo ano, durante unha xira por América Beck volveu a alegar que estaba enfermo; a banda non o tomou en serio e quedou fóra do grupo. Existe unha certa confusión acerca de se marchou ou o botaron. Os Yardbirds continuaron con Keit Relf (voz e harmónica), Jimmy Page (Guitarra solista), Paul Samwell-smith (2ª Guitarra), Chris Deja (Baixo) e Jim Mcarthy (batería) ata 1968. Entón Page quedou só e, para cubrir os contratos pendentes reuniu unha banda que chamou "os Novos Yardbirds". Case inmediatamente cambióuselle o nome por Led Zeppelin, pero esta é outra historia.
Mentres tanto, Beck comezará unha carreira coma solista, logrando un certo éxito inicial coa axuda do produtor Mickie Most. O principal éxito foi "Hi Ho Silver Lining" pero a cara B, "Beck's Bolero" era moito máis interesante, ó contar coa participación de Keith Moon, Jimmy Page, John Paul Jones e Nicky Hopkins.
Coma consecuencia do seu traballo previo cos Yardbirds, Beck adquirira unha considerable reputación coma guitarrista, á parte de ser unha mestura de pop star e figura de culto. Dende tal posición reuniuse o primeiro dunha serie de Jeff Beck Groups. Mais, debido á diverxencia de personalidades ou á diversidade de antecedentes musicais, o grupo nunca chegou a pasar das fases de ensaios. Beck, que xa tiña fama de áspero e difícil de tratar, merece con todo que se lle recoñeza o seu optimismo ó tratar de xuntar (ademais da el mesmo) a Rod Stewart, Jet Harris, Viv Prince e Ron Wood. En calquera caso, cando o batería Aynsley Dunbar se uniu a Stewart, Wood e Beck, logrouse unha certa cohesión, e a banda gravou dous álbums, "Truth" e "Beck-ola", que xunto coas actuacións en vivo estableceron a reputación de Beck coma figura importante. Stewart e Wood permaneceron con Beck ata 1969. Máis tarde Stewart revelou os problemas que tivo, aguantando a actitude dominante de Beck, pero ó suprimir as súas propias tendencias egoístas tivo as súas compensacións: o prestixio que adquiriu cantando con Beck foi o que lle proporcionou o trampolín para lanzar ós Faces e para a súa posterior carreira solista.
A finais dos 60, o desenvolvemento paralelo de Clapton, Townshend, Beck, Page e o tremendo Hendrix establecerá a base do estilo británico de guitarra rock. Pero, en termos de éxito comercial Beck quedou parcialmente eclipsado polos outros. Era indubidable que o máis popular eran os power trío de guitarra, baixo e batería, e Beck tratou de resolver a situación con plans para a formación do trío Beck, Bogert e Appice.
Beck era amigo de Tim Bogert (Baixo) e Carmine Appice (batería) dende que eles tocaban no grupo americano Vanilla Fudge e el nos Yardbirds. Estando en Nova York para gravar un single, foi a un club a ver a Vanilla Fudge e, ó non aparecer o seu guitarrista, Beck accedeu a cubrir o seu posto. Os tres quedaron o suficientemente satisfeitos como para querer tocar xuntos de novo, pero houbo que aprazar a idea ata que quedaran libres de compromisos. En 1969, cando parecían que xa non había problemas, Beck sufriu un accidente automobilístico que o mantivo inactivo por máis dun ano. Bogert e Apprie uníronse a Cactus, e Beck, cando se recuperou, formou un novo grupo co que gravou dous álbums, "Rough and ready" e "Jekk Beck Group", ata que en 1972 Beck, Bogert e Appice poderon formar o seu trío.
Por desgraza, a obsesión de Beck por este proxecto parece que lle impediu darse conta de que o tempo pasará e que o concepto de power trío estaba desfasado. Decatouse case inmediatamente. O grupo separouse despois de dos álbums. Comezou unha época de transición para Beck, cando se deu conta de que moitos copiarán o seu estilo. Namorouse dos teclados de Jan Hammer do grupo de John McLaughlin. Como resultado, en 1975, publicou "Blow by Blow", producido por George Martin, onde aparece cun estilo máis Jazz-rock con toques de funk e un poquiño de soul.
Logo veu "Wired", cun éxito similar. Nos seguintes anos formou parte de innumerables grupos e colaborou con músicos coma Stevie Wonder, Stanley Clarke e Jan Hammer.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Jeff Beck, regresa una leyenda". La Vanguardia (en castelán). 10 de xullo de 2007. Consultado o 18 de abril de 2020.
- ↑ "100 Greatest Guitarists". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2020.