Jeff Porcaro
Nome orixinal | (en) Jeff Porcaro (en) Jeffrey T. Porcaro |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Jeffrey Thomas Porcaro 1 de abril de 1954 Hartford, Estados Unidos de América |
Morte | 5 de agosto de 1992 (38 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park Forest Lawn Memorial Park |
Educación | Grant High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | batería, compositor de cancións, músico de jazz, Músico de sesión |
Período de actividade | 1971 - |
Membro de | Toto (1977–1992) |
Xénero artístico | Música rock e música pop |
Instrumento | Batería |
Familia | |
Pai | Joe Porcaro |
Irmáns | Mike Porcaro Steve Porcaro |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Jeffrey Thomas Porcaro (1 de abril de 1954 – 5 de agosto de 1992) foi un recoñecido batería de sesión e fundador da banda Toto. Nos seus 38 anos de vida tocou con centos de artistas e apareceu en incontables discos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Connecticut o 1 de abril de 1954. Comezou a tocar con 7 anos e á idade de 28 xa tiña a experiencia e prestixio que non acadaran moitos baterías en toda a súa vida. Porén, nunca se considerou nin tivo pretensións de ser o mellor batería do mundo, endexamais tivo esa presión.
Tocou con grandes artistas como Bonnie Raitt, Bee Gees, Pink Floyd, Michael Jackson e moitos máis. Jeff sufriu un ataque ó corazón o 5 de agosto de 1992 por mor dunha reacción alérxica a un pesticida que estaba a utilizar. Algúns rumores apuntaron á adicción á cocaína como causante pero os máis achegados a el sempre souberon que superara o problema e descartaron esta hipótese.
No seu honor organizouse o Tributo a Jeff Porcaro, que contou cunha gran presenza de grandes da percusión e fundouse tamén o Jeff Porcaro Memorial Fund.
No seu haber hai grandes sinxelos coma Rosanna ou Mushanga que gravou coa súa principal banda Toto.