Laureano Araujo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xaneiro de 1964 (60 anos) Berna, Suíza |
Formación profesional | Dereito, Ciencia política |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Ensaio, Tradución, Poesía |
Premios | |
Laureano Xoaquín Araujo Cardalda, nado en Berna o 3 de xaneiro de 1964,[1] é un profesor, analista político e autor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou os seus estudos medios en Berna, no Instituto Económico Kirchenfeld.[2] Na Universidade de Santiago de Compostela licenciouse en dereito e doutorouse en ciencia política.[3][4] Tras varios anos como funcionario na Administración da Xunta de Galicia, exerce como profesor de carreira de Alemán de ensino secundario.[5]
Entre 2003 e 2009 foi membro do consello de redacción da Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas (RIPS)[6][7] da Universidade de Santiago de Compostela, de cuxo comité científico forma parte.[8] É o autor de Café Federal,[9] un dos blogs[10] de Praza Pública, e participou na mesa de debate político do programa Vía V[11] de V Televisión.
En 2014 gañou o II premio de poesía Gonzalo López Abente[12] con Os días condenados. Fragmentos para un devocionario.[13][14][15]
En 2021 recibiu o XIX Premio Plácido Castro de Tradución coa tradución de Schlump, Erwin: Homicidio, de Friedrich Glauser.[16]
Obra
[editar | editar a fonte]Tradución
[editar | editar a fonte]- A lenda do santo bebedor, de Joseph Roth (Sotelo Blanco, 1995).
- Opinións dun pallaso, de Heinrich Böll (Tambre, 1994). Reedición: Cangas do Morrazo, Rinoceronte, Colección Nova, 13, 2018.[17]
- A morte en Venecia, de Thomas Mann (Tambre, 1995; reed. Rinoceronte, Colección Clásica, 14, 2015).[18]
- Momentos estelares da humanidade, de Stefan Zweig (Kalandraka / Faktoría K de Libros, Colección Ágora K, 2018).[19]
- Schlump, Erwin: Homicidio, de Friedrich Glauser (BIVIR, 2021).
- O paseo, de Robert Walser (Laiovento, 2022)
Poesía
[editar | editar a fonte]Artigos en obras colectivas
[editar | editar a fonte]- “A cuestión lingüística en Francia: unha introducción ó caso do catalán”, en Constenla Bergueiro, Gonzalo, e Ana Luna Alonso (eds. e coords.), Linguas sen Estado e planificación lingüística (I): Italia e Francia (intr. de Gonzalo Constenla Bergueiro e Ana Luna Alonso), Vigo, Universidade de Vigo, Colección Monografías da Universidade de Vigo, Serie Humanidades e ciencias xurídico-sociais, 57, 2003, 171-192.[22]
- “Retorno ás orixes da transición política: o impacto do Concilio Vaticano II en Galicia e en España”, en González Fernández, Helena, e María Xesús Lama López (eds.), Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península. Barcelona, 28 ó 31 de maio de 2003, Sada, Ediciós do Castro, 2007, 1017-1029 [DVD].
- “La laicidad y sus límites en España. Acción legislativa y bloque católico”, en Colino, César, e Ramón Cotarelo (comps.), España en crisis. Balance de la segunda legislatura de Rodríguez Zapatero, Valencia, Tirant lo Blanch / Tirant Humanidades, Colección Plural, 2012, 163-190.[23]
- “A situación demográfica galega. Causas e recursos para a acción política”, en Barreiro Rivas, Xosé Luís, Rosa Matilde Pascual Monzó e Laureano Xoaquín Araujo Cardalda (eds.), O reto demográfico de Galicia, Santiago de Compostela, Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Colección Xornadas, 1, 2012, 261-278.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sitio web persoal do autor
- ↑ "Gymnasium Kirchenfeld". Consultado o 3 de xullo de 2016.
- ↑ Araujo Cardalda, Laureano Xoaquín. "A Igrexa ten que medirse moito na súa oposición ao Estado en certos temas (entrevista de Cristina Rúa Cortizo)". Consultado o 29 de abril de 2015.
- ↑ V Televisión, 'Vía V'. "Política y religión: ¿Una relación peligrosa?". Consultado o 23 de xuño de 2015.
- ↑ Araujo Cardalda, Laureano Xoaquín. "O ensino non está a atender a demanda laboral do alemán (entrevista)". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2015. Consultado o 28 de abril de 2013.
- ↑ "Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas". Consultado o 1 de xullo de 2016.
- ↑ "Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas". Consultado o 1 de xullo de 2016.
- ↑ "Comité científico da RIPS". Consultado o 1 de xullo de 2016.
- ↑ "Café Federal". Consultado o 3 de xullo de 2016.
- ↑ "Obradoiro de Praza Pública". Consultado o 3 de xullo de 2016.
- ↑ "'Vía V', de V Televisión". Consultado o 1 de xullo de 2016.
- ↑ Fundación Gonzalo López Abente. "Nova da concesión do II Premio de poesía Gonzalo López Abente". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2015. Consultado o 23 de xaneiro de 2015.
- ↑ Bragado Rodríguez, Manuel. "Onte 1041: O poeta de Nemancos". Consultado o 3 de abril de 2016.
- ↑ Araujo Cardalda, Laureano Xoaquín. "A poesía é o ámbito artístico no que a palabra é máis libre (entrevista de Ángel Palmou Cibeira)". Consultado o 16 de xaneiro de 2015.
- ↑ La Voz de Galicia. "A entrega será este sábado en Muxía". Consultado o 16 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Fálase de Laureano Araujo ...". Praza Pública. Consultado o 2021-10-01.
- ↑ Böll, Heinrich. "Opinións dun pallaso". Consultado o 16 de abril de 2018.
- ↑ Mann, Thomas. "A morte en Venecia". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2018. Consultado o 16 de abril de 2018.
- ↑ Zweig, Stefan. "Momentos estelares da humanidade". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2018. Consultado o 3 de agosto de 2018.
- ↑ Araguas, Vicente. "Silencios e condenas". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2014. Consultado o 13 de xaneiro de 2015.
- ↑ Sinopsis del Libro. "Os Días Condenados - Laureano Xoaquín Araujo Cardalda". Consultado o 13 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2016. Consultado o 3 de xullo de 2016.
- ↑ "Tirant lo Blanch, Libros". Consultado o 3 de xullo de 2016.