Manuel Díaz González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1886 Sirgueiros, España |
Morte | 11 de setembro de 1936 (50 anos) Eirexalba, España |
Causa da morte | paseo, execución por arma de fogo |
Alcalde do Incio | |
16 de febreiro de 1924 – 10 de novembro de 1924 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Manuel Díaz González, nado en Sirgueiros (O Incio) o 29 de xaneiro de 1886 e finado no mesmo concello o 11 de setembro de 1936, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o primeiro dos once fillos de Juan Díaz Mendoza. Con doce anos sufriu unha meninxite. Fixo o bacharelato en Santiago de Compostela e cando rematou, en 1907, iniciou os estudos de medicina na mesma cidade. Recibiu o título de médico en 1913. Exerceu a medicina en La Bañeza antes de trasladarse á Cruz do Incio a principios da década dos anos vinte.
O 16 de febreiro de 1924 foi elixido alcalde do Incio, posto no que permaneceu ata o 10 de novembro do mesmo ano, tamén foi deputado provincial. En 1929 foi nomeado médico municipal do Incio, continuando como tal ata 1936, e era coñecido como "O médico dos pobres" por non cobrar aos necesitados.
Na época da II República colaborou no periódico local Siembra, militou no Partido Republicano Gallego e máis tarde en Izquierda Republicana. Detido en agosto de 1936, foi asasinado o 11 de setembro na Casilla da Serra, no km 11,1 da estrada de Laiosa á Cruz do Incio, na parroquia de Eirexalba.
Predecesor: ' |
alcalde do Incio 1924 |
Sucesor: ' |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Díaz Gómez, José Luis (2009). Represalia e desagravio dun médico lucense republicano. Sada: Do Castro. ISBN 978-84-8485-302-2.
- Dr. Manuel Díaz González (1886-1936). O Pequeniño do Incio (PDF). O Incio: Familia Díaz. 2012. ISBN 978-84-616-2229-0. Consultado o 23/4/2013.