Marcos Valcárcel
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de marzo de 1958 Ourense, España |
Morte | 5 de decembro de 2010 (52 anos) Ourense, España |
Causa da morte | esclerose lateral amiotrófica |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Membro de | |
Interesado en | Nacionalismo galego |
Premios | |
| |
Marcos Valcárcel López, nado en Ourense o 3 de marzo de 1958 e finado na mesma cidade o 5 de decembro de 2010[1][2], foi un historiador, xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado nunha familia de xoieiros da cidade de Ourense, licenciouse en historia pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén se doutoraría. Especializouse en historia contemporánea de Galicia, e en particular no período que comprende os primeiros anos do século XX e a formación do galeguismo. Xornalista en Ourense, pertenceu a distintas asociacións culturais e reivindicativas na cidade, entre as que destaca o Clube Cultural Alexandre Bóveda, do que foi fundador e presidente. Laboralmente deu clase de historia en bacharelato en distintos centros de ensino da cidade ourensá.
Nos seus libros de historia dedicouse fundamentalmente a explorar o pasado do xornalismo en Ourense e nas biografías de escritores da cidade, como Ramón Otero Pedrayo, Carlos Casares ou Xaquín Lorenzo, pero tamén de Eladio Rodríguez González ou Xesús Ferro Couselo. Politicamente, foi militante de Unidade Galega.
En 2006 engadiu ao seu labor xornalístico o blog As uvas na solaina, do que foi promotor e un dos autores principais, a canda Afonso Vázquez-Monxardín ou Xosé Ramón Quintana. A finais de 2008 e coincidindo coa presentación dun libro sobre historia da súa cidade, recibiu unha homenaxe pública no Liceo da capital auriense onde acudiron máis de 300 persoas do tecido cultural ourensán e galego[3].
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- A prensa en Ourense e a súa provincia. Catalogación e estudio (1987, Deputación de Ourense).
- A cidade da Xeración Nós (1995, Caixa Galicia).
- Pé das Burgas: estudios de historia, literatura e xornalismo (1998, Caixa Galicia).
- Eladio Rodríguez. Vida e obra (2001, Xerais).
- Xaquín Lorenzo. Vida e obra (2004, Xerais).
- O poder da palabra (2006, Editorial Compostela).
- Dende a palabra, dende o corazón (primeiras andoliñas) (2009, Editorial Compostela).
- Historia de Ourense (2008, Xerais).
Edicións
[editar | editar a fonte]- Dos años de agitación política (Basilio Álvarez no Parlamento) (1991, Ediciós do Castro).
- Obra completa. A carón do lume, de Xavier Prado Lameiro (1995, Concello de Ourense).
- Obra completa. Cóxegas e moxetes, de Xavier Prado Lameiro (1995, Concello de Ourense).
- Obra completa. Farsadas, de Xavier Prado Lameiro (1995, Concello de Ourense).
- Obra completa. Monifates, de Xavier Prado Lameiro (1995, Concello de Ourense).
- O libro dos amigos, de Ramón Otero Pedrayo (1997, Galaxia).
- Don Xoaquín Lorenzo no fío de nós: artigos e entrevista (2004, Concello de Ourense).
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Ramón Otero Pedrayo. Vida, obra e pensamento, (1988, Ir Indo), escrito en colaboración con Xosé Ramón Quintana.
- AA.VV. (1991). Historia de Galicia (en castelán). Faro de Vigo. ISBN 84-404-9520-X..
- Eduardo Blanco Amor fotógrafo (1993, Clube Alexandre Bóveda de Ourense).
- Xesús Ferro Couselo. 1906-1975: unha fotobiografía (1996, Xerais). Con Ramón Villares, Xesús Alonso Montero e Henrique Monteagudo.
- Diccionario da literatura galega. II. Publicacións periódicas (1997, Galaxia).
- O fillo da florista: 34 retratos de Eduardo Blanco Amor (1998, Linteo). Coordinador con Ángeles Fernández e Benito Losada.
- Antoloxía de textos, de Juan de la Coba y Gómez, (1999, Concello de Ourense).
- A memoria de Ourense (1999, Xerais).
- Diccionario da literatura galega. III. Obras (2000, Galaxia).
- Castelao no seu tempo: unha perspectiva ourensá (2001, Concello Ourense).
- Eladio Rodríguez. Unha fotobiografía. 1864-1949 (2001, Xerais).
- Ourense craro río, verde val: a cidade na voz dos seus poetas (2001, Concello de Ourense).
- Carlos Casares, punto de encontro (2002, Concello de Ourense).
- Antón Avilés de Taramancos: Letras Galegas 2003 (2003, Xunta de Galicia).
- Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega).
- Letras galegas 2004. Xoaquín Lorenzo Fernández: a memoria das cousas. Unidade didáctica de Educación Primaria (2004, Xunta de Galicia).
- Lorenzo Varela. Letras Galegas 2005. Educación Secundaria: unidade didáctica (2005, Xunta de Galicia).
- Manuel Lugrís Freire. O compromiso coa terra. Letras Galegas 2006 (2006, Xunta de Galicia).
Bibliografía sobre a súa figura
[editar | editar a fonte]- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- La transformación de una ciudad: Orense (1880-1936), (1995, Concello de Ourense). Con María Victoria Carballo-Calero Ramos e Javier Suances Pereiro.
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- En 2008 é recoñecido co premio Otero Pedrayo.
- En 2009 recibiu a Medalla Castelao en recoñecemento á súa contribución á cultura galega[4].
- O 30 de maio de 2012, o pleno da Deputación de Ourense aproba por unanimidade que o edificio coñecido como Simeón, mercado pola institucións anos atrás, pase a chamarse Centro Cultural Marcos Valcárcel [5].
- O 13 de decembro de 2014, é recoñecido pola Deputación de Ourense, coa medalla de ouro da Provincia a título póstumo[6].
- A finais do curso 2011/12, o IES A Carballeira pasa a denominarse IES A Carballeira-Marcos Valcárcel.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casado, tivo unha filla. Á súa morte, producida por esclerose lateral amiotrófica[7][8], foi incinerado e as súas cinzas esparexidas en Fisterra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pasamento de Marcos Valcárcel, As uvas na solaina
- ↑ Falece aos 52 anos o historiador Marcos Valcárcel Arquivado 08 de decembro de 2010 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 5/12/2010.
- ↑ Presentación Marcos Valcárcel, Telemiño en YouTube, 1/12/2008
- ↑ Medallas Castelao 2009
- ↑ "El Centro Cultural se llamará "Marcos Valcárcel"". Faro de Vigo. Consultado o 28-02-2021.
- ↑ "La familia de Marcos Valcárcel, medalla de oro de Ourense, ve su memoria viva". El Progreso. Consultado o 28-02-2021.
- ↑ Marcos Valcárcel, blog de Perfecto Conde Muruais, 29/11/2010.
- ↑ LÓPEZ, A.R., Muere Marcos Valcárcel, gran dinamizador de la cultura Arquivado 07 de decembro de 2010 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 6/12/2010
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- As uvas na solaina, blog do escritor.