Saltar ao contido

Nicotinamida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nicotinamida
Datos clínicos
SinónimosNAM
3-piridinacarboxamida
niacinamida
amida do ácido nicotínico
vitamina PP
amida nicotínica
vitamina B3
AHFS/Drugs.comInformación ó consumidor de fármacos
Rutas de
administración
oral, tópica
Identificadores
Número CAS
Datos químicos e físicos
FórmulaC6H6N2O
Densidade1.40 g/cm3 g/cm3 [1]
Punto de fusión129,5 °C (265,1 °F)
Punto de ebulición334 °C (633 °F)
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A nicotinamida ou niacinamida é unha forma de vitamina B3 atopada nos alimentos e utilizada como suplemento dietético e medicamento.[2][3][4] Como suplemento úsase por administración oral para previr e tratar a pelagra (deficiencia de niacina).[3] Aínda que o ácido nicotínico (niacina) pode utilizarse pra este propósito, a niacinamida ten a vantaxe de que non causa que a pel se poña avermellada.[3] En forma de crema úsase para tratar o acne, e foi examinada en estudos clínicos para mellorar os casos de aparición de pel envellecida ao reducir a hiperpigmentación e avermellamento.[4][5] É unha vitamina hidrosoluble. Niacinamida é o seu nome como suplemento, mentres que o seu nome científico químico é nicotinamida.

Os seus efectos secundarios son mínimos.[6][7] A altas doses poden producirse problemas hepáticos.[6] As cantidades normais son seguras para o seu uso durante a gravidez.[8] A niacinamida está dentro da familia dos medicamentos da vitamina B, concretamente no complexo da vitamina B3.[9][10] É unha amida do ácido nicotínico.[6] Entre os alimentos que conteñen niacinamida están os lévedos, carne, leite e verduras.[11]

A niacinamida descubriuse entre 1935 e 1937.[12][13] É unha das medicinas da lista de medicinas esenciais da OMS.[14][15] A niacinamida está dispoñible como medicamento xenérico e que se compra sen receita.[9] Comercialmente, a niacinamida prodúcese a partir de ácido nicotínico (niacina) ou de nicotinonitrilo.[13][16] Nalgúns países, engádese niacinamida aos cereais.[13]

Usos médicos

[editar | editar a fonte]

Deficiencia de niacina

[editar | editar a fonte]

A niacinamida é o tratamento preferido para a pelagra, a cal está causada pola deficiencia de niacina.[3]

As cremas de niacinamida utilízanse como tratamento para o acne.[4] Ten accións antiinflamaorias, o cal pode ser beneficioso para as persoas con condicións inflamatorias da pel.[17]

A niacinamida incrementa a biosíntese de ceramidas nos queratinocitos humanos in vitro e reforza a barreira de permeabilidade epidérmica in vivo.[18] A aplicación de niacinamida tópica ao 2 % durante dúas a catro semanas é efectiva para rebaixar a taxa de excreción sebácea.[19] A niacinamida prevén a activación inducida por Cutibacterium acnes do receptor similar a Toll 2, o cal resulta finalmente na regulación á baixa da produción de interleucina-8 proinflamatoria.[20]

Cancro de pel

[editar | editar a fonte]

A niacinamida a doses de 500 a 1000 mg ao día diminúe o risco de ter cancros de pel distintos do melanoma, naqueles que están en alto risco.[21]

Efectos secundarios

[editar | editar a fonte]

A niacinamida ten efectos secundarios mínimos.[6][7] A moi altas doses por riba de 3 g/día documentouse toxicidade hepática aguda en polo menos un caso.[6] As doses normais non son perigosas durante o embarazo.[8]

A estrutura da nicotinamida consiste nun anel de piridina ao cal está unido un grupo amida primaria en posición meta. É unha amida do ácido nicotínico.[6] Como é un composto aromático, experimenta reaccións substitución electrofílica e transformacións dos seus dous grupos funcionais. Exemplos destas reaccións das que se informou en Organic Syntheses son a preparación de 2-cloronicotinonitrilo por un proceso de dous pasos a través dun nitróxido (ilustrada na imaxe),[22][23]

a partir do nicotinonitrilo por reacción co pentóxido de fósforo,[24] e a partir de 3-aminopiridina por reacción cunha solución de hipobromito de sodio, preparado in situ a partir de bromo e hidróxido de sodio.[25]

NAD+, a forma oxidada do NADH, contén o residuo de nicotinamida (salientada en vermello)

Produción industrial

[editar | editar a fonte]

A hidrólise de nicotinonitrilo é catalizada polo encima nitrilo hidratase de Rhodococcus rhodochrous J1,[26][27][16] producindo 3500 toneladas por ano de nicotinamida para uso en alimentación animal.[28] O encima permite unha síntese máis selectiva ao evitarse unha maior hidrólise da amida do ácido nicotínico.[29][30] A nicotinamida pode tamén producirse a partir de ácido nicotínico. Segundo a Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry, no múndo vendéronse 31.000 toneladas de nicotinamida en 2014.[13]

Bioquímica

[editar | editar a fonte]
O grupo nicotinamida activo da molécula de NAD+ experimenta oxidación en moitas vías metabólicas.

A nicotinamida, como parte do cofactor dinucleótido de nicotinamida e adenina (NADH / NAD+) é esencial para a vida. Nas células, a nicotinamida incorpórase ao NAD+ e ao fosfato do dinucleótido de nicotinamida e adenina (NADP+). O NAD+ e a NADP+ son cofactores nunha ampla variedade de reaccións encimáticas de oxidación-redución, principalmente na glicólise, o ciclo do ácido cítrico e a cadea de transporte electrónico.[31] Se os humanos inxiren nicotinamida, probablemente esta sufrirá unha serie de reaccións que a transforman en parte do NAD+, o cal pode despois transformarse en NADP+. Este método de creación de NAD+ chámase vía de salvamento. Porén, o corpo humano pode producir NAD+ a partir do aminoácido triptófano e niacina sen termos que inxerir nicotinamida.[32]

O NAD+ actúa como transportador de electróns que funciona como mediador na interconversión de enerxía entre nutrientes e a moeda enerxética da célula, o adenosín trifosfato (ATP). En reaccións de oxidación-redución, a parte activa do cofactor é a nicotinamida. No NAD+, o nitróxeno no anel aromático de nicotinamida está enlazado covalentemente ao dinucleótido de adenina. A carga formal sobre o nitróxeno está estabilizada por electróns compartidos doutros átomos de carbono no anel aromático. Cando se engade un átomo de hidruro ao NAD+ para formar NADH, a molécula perde a súa aromaticidade, e, polo tanto, unha boa cantidade de estabilidade. Este produto de maior enerxía libera posteriormente a súa enerxía coa liberación dun hidruro, e no caso da cadea de transporte electrónico, axuda na formación de ATP.[33]

Cando se oxida un mol de NADH, libéranse 158,2 kJ de enerxía.[33]

Papel biolóxico

[editar | editar a fonte]

A nicotinamida é un compoñente en diversos sistemas biolóxicos, como na familia da vitamina B e especificamente no complexo da vitmina B3.[9][10] Tamén é unha parte moi importante das estruturas do NADH e NAD+, onde o anel aromático substituído con N na forma oxidada NAD+ sofre a redución cun ataque de hidruro pra formar NADH.[31] As estruturas do NADPH/NADP+ teñen o mesmo anel, e ambos están implicados en reacción bioquímicas similares.

A nicotinamida pode ser metilada no fígado para activar bioloxicamente a 1-metilnicotinamida cando hai suficientes doantes de metilo.

Fontes alimentarias

[editar | editar a fonte]

A niacinamida aparece en cantidades traza principalmente na carne, peixe, noces e cogomelos, así como en menores cantidades nalgúnhas verduras.[34] Engádese comunmente a cereais e outros alimentos. Moitos complexos multivitamínicos conteñen 20–30 mg de vitamina B3 e tamén está dispoñible en doses máis altas.[35]

Compendios

[editar | editar a fonte]

Investigación

[editar | editar a fonte]

Un ensaio clínico de 2015 atopou que a niacinamida reducía a taxa de novos cancros de pel non melanómicos e queratoses actínicas nun grupo de persoas con alto risco de teren estas condicións.[38]

A niacinamida foi investigada en relación con moitos trastornos adicionais, incluíndo o tratamento de cancros de pel de penfigoide ampular non melanómico.[39]

A niacinamida pode ser beneficiosa para tratar a psoriase.[40]

Hai algunhas probas iniciais de que ten un posible papel no tratamento do acne, a rosácea, trastornos autoinmunes ampulares, envellecemento da pel e dermatite atópica.[39] Tamén inhibe as poli(ADP-ribosa) polimerases (PARP-1), encimas que interveñen na reparación de roturas das febras do ADN inducidas pola radiación ou quimioterapia.[41] A ARCON[42] (radioterapia acelerada máis inhalación da carbóxeno e nicotinamida) foi estudada en casos de cancro.[43]

Algunhas investigacións suxeriron que a niacinamida pode ser útil no tratamento do VIH.[44]

  1. Rexistro na GESTIS Substance Database do IFA
  2. Bender DA (2003). Nutritional Biochemistry of the Vitamins. Cambridge University Press. p. 203. ISBN 978-1-139-43773-8. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 World Health Organization (2009). Stuart MC, Kouimtzi M, Hill SR, eds. WHO Model Formulary 2008. World Health Organization. pp. 496, 500. ISBN 978-92-4-154765-9. hdl:10665/44053. 
  4. 4,0 4,1 4,2 British National Formulary: BNF 69 (69ª ed.). British Medical Association. 2015. p. 822. ISBN 978-0-85711-156-2. 
  5. Bissett DL, Oblong JE, Berge CA (xullo de 2005). "Niacinamide: A B vitamin that improves aging facial skin appearance". Dermatologic Surgery 31 (7 Pt 2): 860–5; discussion 865. PMID 16029679. doi:10.1111/j.1524-4725.2005.31732. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Knip M, Douek IF, Moore WP, Gillmor HA, McLean AE, Bingley PJ, Gale EA (novembro de 2000). "Safety of high-dose nicotinamide: a review". Diabetologia (PDF) 43 (11): 1337–45. PMID 11126400. doi:10.1007/s001250051536 https://web.archive.org/web/20170922055550/https://link.springer.com/content/pdf/10.1007%2Fs001250051536.pdf |archive-url= sen título (Axuda). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de setembro de 2017. Consultado o 20 de abril de 2018. 
  7. 7,0 7,1 MacKay D, Hathcock J, Guarneri E (xuño de 2012). "Niacin: chemical forms, bioavailability, and health effects". Nutrition Reviews 70 (6): 357–66. PMID 22646128. doi:10.1111/j.1753-4887.2012.00479.x. 
  8. 8,0 8,1 "Niacinamide Use During Pregnancy". Drugs.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016. Consultado o 29 de decembro de 2016. 
  9. 9,0 9,1 9,2 "Niacinamide: Indications, Side Effects, Warnings". Drugs.com. 6 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 5 de agosto de 2017. Consultado o 30 de xuño de 2017. 
  10. 10,0 10,1 Krutmann J, Humbert P (2010). Nutrition for Healthy Skin: Strategies for Clinical and Cosmetic Practice. Springer Science & Business Media. p. 153. ISBN 978-3-642-12264-4. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2017. 
  11. Burtis CA, Ashwood ER, Bruns DE (2012). Tietz Textbook of Clinical Chemistry and Molecular Diagnostics (5ª ed.). Elsevier Health Sciences. p. 934. ISBN 978-1-4557-5942-2. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016. 
  12. Sneader W (2005). Drug Discovery: A History. John Wiley & Sons. p. 231. ISBN 978-0-470-01552-0. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 Blum R (2015). "Vitamins, 11. Niacin (Nicotinic Acid, Nicotinamide)". Vitamins, 11. Niacin (Nicotinic Acid, Nicotinamide. Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry (6ª ed.). Weinheim: Wiley-VCH. pp. 1–9. ISBN 978-3-527-30385-4. doi:10.1002/14356007.o27_o14.pub2. 
  14. World Health Organization (2019). World Health Organization model list of essential medicines: 21st list 2019. Geneva: World Health Organization. hdl:10665/325771. WHO/MVP/EMP/IAU/2019.06. License: CC BY-NC-SA 3.0 IGO. 
  15. World Health Organization (2021). World Health Organization model list of essential medicines: 22nd list (2021). Geneva: World Health Organization. hdl:10665/345533. WHO/MHP/HPS/EML/2021.02. 
  16. 16,0 16,1 Schmidberger JW, Hepworth LJ, Green AP, Flitsch SL (2015). "Enzymatic Synthesis of Amides". En Faber K, Fessner WD, Turner NJ. Biocatalysis in Organic Synthesis 1. Science of Synthesis. Georg Thieme Verlag. pp. 329–372. ISBN 978-3-13-176611-3. Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2017. 
  17. Niren NM (xaneiro de 2006). "Pharmacologic doses of nicotinamide in the treatment of inflammatory skin conditions: a review". Cutis 77 (1 Suppl): 11–6. PMID 16871774. 
  18. Tanno O, Ota Y, Kitamura N, Katsube T, Inoue S (setembro de 2000). "Nicotinamide increases biosynthesis of ceramides as well as other stratum corneum lipids to improve the epidermal permeability barrier". The British Journal of Dermatology 143 (3): 524–31. PMID 10971324. doi:10.1111/j.1365-2133.2000.03705.x. 
  19. Draelos ZD, Matsubara A, Smiles K (xuño de 2006). "The effect of 2% niacinamide on facial sebum production". Journal of Cosmetic and Laser Therapy 8 (2): 96–101. PMID 16766489. doi:10.1080/14764170600717704. 
  20. Kim J, Ochoa MT, Krutzik SR, Takeuchi O, Uematsu S, Legaspi AJ, Brightbill HD, Holland D, Cunliffe WJ, Akira S, Sieling PA, Godowski PJ, Modlin RL (agosto de 2002). "Activation of toll-like receptor 2 in acne triggers inflammatory cytokine responses". Journal of Immunology 169 (3): 1535–41. PMC 4636337. PMID 12133981. doi:10.4049/jimmunol.169.3.1535. 
  21. Snaidr VA, Damian DL, Halliday GM (febreiro de 2019). "Nicotinamide for photoprotection and skin cancer chemoprevention: A review of efficacy and safety". Experimental Dermatology 28 (Suppl 1): 15–22. PMID 30698874. doi:10.1111/exd.13819. 
  22. "Nicotinamide-1-oxide". Org. Synth. 37: 63. 1957. doi:10.15227/orgsyn.037.0063. CV4P0704. 
  23. "2-Chloronicitinonitrile". Org. Synth. 37: 12. 1957. doi:10.15227/orgsyn.037.0012. CV4P0166. 
  24. "Nicotinonitrile". Org. Synth. 33: 52. 1953. doi:10.15227/orgsyn.033.0052. CV4P0706. 
  25. "3-Aminopyridine". Org. Synth. 30: 3. 1950. doi:10.15227/orgsyn.030.0003. CV4P0045. 
  26. Nagasawa T, Mathew CD, Mauger J, Yamada H (xullo de 1988). "Nitrile Hydratase-Catalyzed Production of Nicotinamide from 3-Cyanopyridine in Rhodococcus rhodochrous J1". Applied and Environmental Microbiology 54 (7): 1766–1769. Bibcode:1988ApEnM..54.1766N. PMC 202743. PMID 16347686. doi:10.1128/AEM.54.7.1766-1769.1988. 
  27. Hilterhaus L, Liese A (2007). "Building Blocks". En Ulber R, Sell D. White Biotechnology. Advances in Biochemical Engineering / Biotechnology 105. Springer Science & Business Media. pp. 133–173. ISBN 978-3-540-45695-7. PMID 17408083. doi:10.1007/10_033. Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2017. 
  28. Asano Y (2015). "Hydrolysis of Nitriles to Amides". En Faber K, Fessner WD, Turner NJ. Biocatalysis in Organic Synthesis 1. Science of Synthesis. Georg Thieme Verlag. pp. 255–276. ISBN 978-3-13-176611-3. Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2017. 
  29. Petersen M, Kiener A (1999). "Biocatalysis". Green Chem. 1 (2): 99–106. doi:10.1039/A809538H. 
  30. Servi S, Tessaro D, Hollmann F (2015). "Historical Perspectives: Paving the Way for the Future". En Faber NJ, Fessner WD, Turner K. Biocatalysis in Organic Synthesis 1. Science of Synthesis. Georg Thieme Verlag. pp. 1–39. ISBN 978-3-13-176611-3. Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2017. 
  31. 31,0 31,1 Belenky P, Bogan KL, Brenner C (xaneiro de 2007). "NAD+ metabolism in health and disease" (PDF). Trends in Biochemical Sciences 32 (1): 12–9. PMID 17161604. doi:10.1016/j.tibs.2006.11.006. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2007. 
  32. Williams AC, Cartwright LS, Ramsden DB (marzo de 2005). "Parkinson's disease: the first common neurological disease due to auto-intoxication?". QJM 98 (3): 215–26. PMID 15728403. doi:10.1093/qjmed/hci027. 
  33. 33,0 33,1 Casiday R, Herman C, Frey R (5 e setembro de 2008). "Energy for the Body: Oxidative Phosphorylation". www.chemistry.wustl.edu. Department of Chemistry, Washington University in St. Louis. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2016. Consultado o 14 de marzo de 2017. 
  34. Rolfe HM (decembro de 2014). "A review of nicotinamide: treatment of skin diseases and potential side effects". Journal of Cosmetic Dermatology 13 (4): 324–8. PMID 25399625. doi:10.1111/jocd.12119. 
  35. Ranaweera A (2017). "Nicotinamide". DermNet New Zealand (www.dermnetnz.org). DermNet New Zealand Trust. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2017. Consultado o 30 de xuño de 2017. 
  36. British Pharmacopoeia Commission Secretariat (2009). Index, BP 2009 (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2011. Consultado o 4 de febreiro de 2010. 
  37. Japanese Pharmacopoeia (PDF) (15th ed.). 2006. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2011. Consultado o 4 de febreiro de 2010. 
  38. Minocha R, Damian DL, Halliday GM (xaneiro de 2018). "Melanoma and nonmelanoma skin cancer chemoprevention: A role for nicotinamide?". Photodermatology, Photoimmunology & Photomedicine 34 (1): 5–12. PMID 28681504. doi:10.1111/phpp.12328. 
  39. 39,0 39,1 Chen AC, Damian DL (agosto de 2014). "Nicotinamide and the skin". The Australasian Journal of Dermatology 55 (3): 169–75. PMID 24635573. doi:10.1111/ajd.12163. 
  40. Namazi MR (agosto de 2003). "Nicotinamide: a potential addition to the anti-psoriatic weaponry". FASEB Journal 17 (11): 1377–9. PMID 12890690. doi:10.1096/fj.03-0002hyp. 
  41. "Definition of niacinamide". NCI Drug Dictionary. National Cancer Institute. 2 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2015. Consultado o 30 de xuño de 2017. 
  42. ARCON son as siglas en inglés de accelerated radiotherapy plus carbogen inhalation and nicotinamide (radioterapia acelerada máis inhalación da carbóxeno e nicotinamida)
  43. Kaanders JH, Bussink J, van der Kogel AJ (decembro de 2002). "ARCON: a novel biology-based approach in radiotherapy". The Lancet. Oncology 3 (12): 728–37. PMID 12473514. doi:10.1016/s1470-2045(02)00929-4. 
  44. Mandavilli A (7 de xullo de 2020). "Patient Is Reported Free of H.I.V., but Scientists Urge Caution". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2020. Consultado o 22 de setembro de 2020.