Salvia
Xarxa (xénero Salvia) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Salvia officinalis | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Salvia |
Salvia é un xénero de plantas da familia das lamiáceas, denominadas comunmente xarxas. Xeralmente a palabra xarxa ou sarxa fai referencia á Salvia officinalis, unha especie de grande interese polas súas propiedades curativas como desinfectante e febrífugo. Salvia L., representa cerca sobre 900 especies e distribúese extensamente en varias rexións do mundo, como Suráfrica, arredor de toda América e Asia Sur-Oriental. As plantas son tipicamente de 3-15 cm de altura, herbáceas ou leñosas, coas flores atractivas en varias cores.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo xarxa vén de salvia, que á súa vez provén do latín “salvare”, que significa “curar”. Na antigüidade utilizábanse as especies de xarxa posto que servía para curar máis de sesenta diversas doenzas desde dores a epilepsia, e tratar principalmente arrefriados, bronquites, tuberculoses, hemorraxias etc.
Usos
[editar | editar a fonte]A xarxa ten usos ornamentais, medicinais e gastronómicos, empregándose como condimento. Tamén é habitual tomala en infusión.
Descrición
[editar | editar a fonte]As súas características son as dunha planta aromática da familia Lamiaceae; se ben o seu porte varía de herbáceo a arbustivo, a presenza do labelo superior da flor bilabiada moi conspicuo e curvado cara a abaixo permite a súa identificación.
Especies
[editar | editar a fonte]
|
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Sarxa brava (especie de diferente xénero: Teucrium scorodonia)
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gülaçti Topçu. 2006. Bioactive Triterpenoids from Salvia Species. J. Nat. Prod. 69: 482-487
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salvia |