Saltar ao contido

Sandra Mason

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSandra Mason

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Sandra Prunella Mason Editar o valor en Wikidata
17 de xaneiro de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Saint Philip, Barbados (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente de Barbados (pt) Traducir
30 de novembro de 2021 –
Lista de gobernadores xerais de Barbados
8 de xaneiro de 2018 – 30 de novembro de 2021 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversity of Windsor Faculty of Law (en) Traducir
Hugh Wooding Law School (en) Traducir
Universidade das Indias Occidentais
University of the West Indies - Cave Hill Campus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxuíza, política Editar o valor en Wikidata
Premios

Souncloud: gisbarbados/dame-sandra-mason-barbados-eighth-governor-general WikiTree: Mason-26319 Editar o valor en Wikidata

Sandra Mason, nada na parroquia de Saint Philip o 17 de xaneiro de 1949, é unha avogada, xuíza e política barbadense, actual presidenta de Barbados dende o 30 de novembro de 2021, cando o país pasou a ser unha república.[1] Anteriormente a esa data foi gobernadora xeral de Barbados dende 2018, cando o país aínda era un dos reinos da Commonwealth de Nacións.[2][3][4] Tamén exerceu como xuíza do Tribunal de Apelacións de Barbados, embaixadora en Venezuela e presidenta do Comité dos Dereitos do Neno das Nacións Unidas.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Despois de completar a súa educación, comezou a ensinar na escola secundaria Princess Margaret en 1968. O ano seguinte, comezou a traballar en Barclay's Bank como empregada. Matriculouse na Universidade das Indias Occidentais (UWI), obtendo a súa licenciatura en Dereito.[3] Foi unha das primeiras graduadas da Facultade de Dereito de UWI, en Cave Hill, completando a súa educación en 1973. Foi admitida no colexio de avogados para comezar a súa práctica o 10 de novembro de 1975, converténdose na primeira muller membro do Barbados Bar Association.[3]

En 1975, traballou na Administración de Fideicomisos para Barclay's e transferiuse a varios postos diferentes dentro da compañía até 1977. En 1978, comezou a traballar como maxistrada da Corte Xuvenil e Familiar e simultaneamente como titora en dereito de familia en UWI. Deixou de dar clases en 1983 e continuou como maxistrada. En 1988, completou en Londres un curso sobre Administración Xudicial.[3]

Desempeñouse no Comité dos Dereitos do Neno da Organización das Nacións Unidas dende a súa creación en 1991 até 1999, ocupando o cargo de vicepresidenta dende 1993 até 1995 e presidenta dende 1997 até 1999.

Entre 1991 e 1992 desempeñouse como presidenta e foi unha das dúas mulleres nomeadas para a comisión de 13 membros de CARICOM encargada de avaliar a integración rexional.[2][3] Deixou o tribunal de familia en 1992 para desempeñarse como embaixadora en Venezuela, sendo a primeira muller maxistrada de Barbados en ocupar o posto.[3] Ó seu regreso a Barbados en 1994, foi nomeada maxistrada principal e en 1997 converteuse na Secretaria do Tribunal Supremo.[5]

En 2000, completou estudos sobre resolución alternativa de disputas na Universidade de Windsor en Windsor (Canadá) e logo completou unha bolsa co Commonwealth Xudicial Education Institute en Halifax, Nova Escocia, en 2001, así como un curso en resolución alternativa de disputas en UWI. Continuou desempeñándose na Corte Suprema até 2005, cando foi nomeada asesora da Raíña no Colexio de Avogados de Barbados.[3]

En 2008 xurou como xuíza de apelacións, converténdose na primeira muller en servir na Corte de Apelacións de Barbados.[3][5] Durante tres días en 2012, converteuse en gobernadora xeral interina e o ano seguinte foi a primeira barbadense nomeada membro do Tribunal de Arbitraxe da Secretaría do Commonwealth (CSAT).[6] O Tribunal opera entre os membros da Mancomunidade Británica de Nacións para resolver as cuestións relativas ás controversias contratuais.[2] Con ese cargo, Loop News nomeouna unha das 10 mulleres máis poderosas de Barbados.[7]

En 2017, foi designada como a oitava gobernadora xeral de Barbados, iniciando o seu período o 8 de xaneiro de 2018. Simultaneamente co seu nomeamento, foi nomeada dama gran cruz da Orde de San Miguel e San Xurxo.[8] Tamén recibiu a Orde da Dama de Santo André.[9]

  1. "Barbados se convierte en república y celebra la toma de poder de su primera presidenta Sandra Mason Access to the comments". Euronews (en castelán). 30 de novembro de 2021. Consultado o 30 de novembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Justice Sandra Mason records another first". St. Michael, Barbados. [Ligazón morta]
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 "Sandra Prunella Mason". Caribbean Elections. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2020. Consultado o 19 de febreiro de 2019. 
  4. NEW G-G NAMED - The Barbados Advocate.
  5. 5,0 5,1 "Court of Appeal Judge Sworn In". St. Michael, Barbados: Barbados Government Information Service. 
  6. "Justice Sandra Mason acting GG". St. Michael, Barbados. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2019. 
  7. "The 10 most powerful women in Barbados". The Loop. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2016. Consultado o 19 de febreiro de 2019. 
  8. "Sandra Mason to be new Governor General". Fontabelle, Saint Michael, Barbados: Nation News. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2017. Consultado o 19 de febreiro de 2019. 
  9. "Justice Sandra Mason is Barbados’ New GG". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2017. Consultado o 19 de febreiro de 2019.