Seixal
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Setúbal | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 158.269 (2011) (1.648,64 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 96 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 1836 | |||
Día festivo | ||||
Santo padrón | Pedro | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 2840 | |||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | cm-seixal.pt |
O Seixal é unha cidade portuguesa pertencente ao Distrito de Setúbal, rexión de Lisboa e subrexión da Península de Setúbal, con cerca de 31,600 habitantes.
É sede dun concello con 95,50 km² de área,[1] subdividido en 4 freguesías.[2] Con 184,269 habitantes (2011), é un dos oito concellos máis populosos de Portugal. O concello está limitado ao leste polo concello do Barreiro, ao sur por Sesimbra, ao oeste por Almada e ao norte polo esteiro do río Texo, a través do cal ten ligazón a Lisboa.
Historia
[editar | editar a fonte]Da historia remota da sede do concello pouco se sabe. Aínda así, a cidade ten orixe, probábelmente, nun pequeno núcleo de pescadores e o seu nome pode estar asociado a unha gran cantidade de seixos existentes nas praias ribeirías que serían utilizados como lastre nas embarcacións.
Demografía
[editar | editar a fonte]Poboación do concello do Seixal (1849 – 2011) | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1849 | 1900 | 1930 | 1960 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 | |
4 383 | 6 661 | 10 088 | 20 470 | 89 169 | 116 912 | 150 271 | 184 269 |
Freguesías
[editar | editar a fonte]O concello do Seixal está dividido en 4 freguesías:
Información turística
[editar | editar a fonte]É unha cidade plana que motiva o cicloturismo e, como tal, conta cun carril bici ao longo da baía ligando as cidades de Amora e Seixal, pasando polas localidades do Seixal, Arrentela e Amora.
Foi o lugar onde Paulo e Vasco da Gama construíron a súa frota marítima para viaxar ata a India e ten numerosas quintas señorais, cun patrimonio riquísimo testemuño desta época.
Terra de pescadores e viveiro de músicos, o Seixal e a Amora teñen presente a cualidade artística das mellores bandas filharmónicas nacionais, tales como a Sociedade Filarmónica União Arrentelense, a Sociedade Filarmónica Operária Amorense, a Sociedade Filarmónia União Seixalense e a Sociedade Filarmónica Democrática Timbre Seixalense.
Ao pasear polo Seixal por terra, do núcleo histórico destaca a Praça Luís de Camões, o Patio do Genovês, o Largo da Igreja, a praza dos Mártires da Liberdade e a rúa Paiva Coelho, sen esquecer a magnífica gastronomía. Na beira do río destacan as embarcacións típicas do río Texo e a vista de Lisboa.
Economía
[editar | editar a fonte]O 11 de xaneiro de 2007 o Seixal recibiu a primeira reunión da Comisión Executiva da Ratecork. Esta entidade ten como base a defensa e a promoción da cortiza europea, e o Seixal reitera a vicepresidencia xuntamente con Vendas Novas. Da asociación forman parte outros concellos portugueses, españois, italianos e franceses, o que fai que Portugal estea na vicepresidencia da liga europea de concellos corticeiros, composta por comunidades tradicionalmente vinculadas á produción, transformación e exportación de cortiza.[3]
Educación
[editar | editar a fonte]- Agrupamento de Escolas Paulo da Gama - Amora
- Agrupamento de Escolas de Pinhal de Frades - Arrentela/Fernão Ferro
- Agrupamento de Escolas Nun' Álvares - Arrentela
- Agrupamento de Escolas Dr. António Augusto Louro - Seixal/Aldeia de Paio Pires
- Agrupamento de Escolas Terras de Larus - Amora
- Agrupamento de Escolas Pedro Eanes Lobato - Amora
- Escola Secundária Moinho de Maré
- Escola Secundária Manuel Cargaleiro
- Escola Secundária Alfredo dos Reis Silveira
- Escola Secundária Dr. José Afonso
- Escola Secundária de Amora
Saúde
[editar | editar a fonte]Centros de saúde públicos
[editar | editar a fonte]- Centro de saúde do Seixal
- Unidade de saúde familiar do Seixal
- Santa casa da Misericórdia do Seixal
- Centro de saúde de Corroios
- Unidade de saúde familiar Moinho da Maré
- Centro de saúde de Amora
- Extensão de saúde Largo do Rosinha
- Centro de saúde da Cruz de Pau
- Extensão de Fernão Ferro
- Extensão da Torre da Marinha
- Extensão do Pinhal dos Frades
Saúde privada e farmacias
[editar | editar a fonte]No sector privado, existe unha ampla oferta de empresas que prestan coidados de saúde.
O concello do Seixal ten 33 farmacias, das cales trinta efectúan servizos permanentes e tres prestan servizo de reforzo.
Comunicación social
[editar | editar a fonte]- Rádio Baía
- Rádio Seixal
- Comércio do Seixal e Sesimbra - Semanal
- Diário da Região - Semanal
- Jornal da Região
- Jornal do Seixal - Quincenal
- Diário do Distrito - Diario
Eventos culturais e deportivos
[editar | editar a fonte]
Cidades máis poboadas de Portugal[5] | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lisboa Sintra | |||||||||||
Posición | Localidade | Rexión | Pob. | Posición | Localidade | Rexión | Pob. | Vila Nova de Gaia Porto | |||
1 | Lisboa | Lisboa | 555 733 | 11 | Oeiras | Lisboa | 172 120 | ||||
2 | Sintra | Lisboa | 377 835 | 12 | Gondomar | Norte | 168 027 | ||||
3 | Vila Nova de Gaia | Norte | 302 295 | 13 | Guimarães | Norte | 158 269 | ||||
4 | Porto | Norte | 237 591 | 14 | Seixal | Lisboa | 162 592 | ||||
5 | Cascais | Lisboa | 206 479 | 15 | Odivelas | Lisboa | 144 549 | ||||
6 | Loures | Lisboa | 205 054 | 16 | Coímbra | Centro | 143 396 | ||||
7 | Braga | Norte | 181 494 | 17 | Santa Maria da Feira | Norte | 139 312 | ||||
8 | Matosinhos | Norte | 175 478 | 18 | Vila Franca de Xira | Lisboa | 136 886 | ||||
9 | Amadora | Lisboa | 175 136 | 19 | Maia | Norte | 135 306 | ||||
10 | Almada | Lisboa | 174 030 | 20 | Famalicão | Norte | 133 832 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Geográfico Português (2013). "Áreas das freguesias, municípios e distritos/ilhas da CAOP 2013". Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versão 2013. Direção-Geral do Território. Arquivado dende o orixinal (XLS-ZIP) o 09-12-2013. Consultado o 28/11/2013.
- ↑ Lei n.º 11-A/2013, de 28 de janeiro: Reorganização administrativa do território das freguesias. Anexo I. Diário da República, 1.ª Série, n.º 19, Suplemento, de 28/01/2013.
- ↑ Seixal integra movimento europeu de defesa e promoção da cortiça, en Boletim Municipal do Seixal, nº 474, p. 5, 15 de febreiro de 2008
- ↑ Instituto Nacional de Estatística, ed. (2011). "Estatísticas oficiais".
- ↑ Censo 2011 do Instituto Nacional de Estatística[4]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Seixal |