PSO J318.5−22
PSO J318.5−22 | |
---|---|
PSO J318.5-22 (o obxecto vermello) capturado polo telescopio Pan-STARRS PS1 no ano 2013 | |
Descubrimento | |
Descuberto co | Telescopio Pan-STARRS PS1, en Haleakalā |
Data do descubrimento | 2013 |
Método de detección | Direct imaging |
Designacións | |
Designacións alternativas | 2MASS J21140802-2251358, PSO J318.5338-22.8603, TIC 24266526, WISE J211408.13-225137.3 |
Características físicas | |
Radio medio | 1,53 Rx |
Masa | 6,5 (+1,3 −1) Mx[1] |
Período de rotación sideral | 8,6 ± 0,1 h[2] |
Oblicuidade | 56,2° ± 8,1° (respecto do plano celeste)[2] |
Temperatura | 1275 K[3] |
Tipo espectral | L7 |
PSO J318.5−22 é un planeta interestelar, un obxecto de masa planetaria que non orbita unha estrela.[4][5] Está situado a aproximadamente 80 anos luz de distancia, e pertence á asociación estelar Beta Pictoris.[6] O obxecto descubriuse en 2013 en imaxes tomadas polo telescopio de campo amplo Pan-STARRS PS1. A idade de PSO J318.5-22 estimouse en 12 millóns de anos, a mesma idade que o grupo Beta Pictoris.[7] Baseándose na súa temperatura e idade, está clasificado dentro do tipo espectral L7 das ananas marróns.[1]
O líder do equipo, Michael Liu do Institute for Astronomy da Universidade de Hawaii, afirmou: "Nunca antes vimos un obxecto flotando libremente no espazo que semellase a este. Ten todas as características dos planetas novos que se atopan ó redor doutras estrelas, pero está a deriva e só.[8] As teorías actuais sobre tales obxectos inclúen a posibilidade de que perturbacións gravitacionais puidesen expulsalos dos seus sistemas planetarios pouco despois de formarse a través da acreción planetaria ou tamén poderían estar formados por algún outro medio.[9] As temperaturas estimadas dentro das súas nubes exceden os 1,100 K (800 °C). As nubes, feitas de po quente e ferro fundido, amosan como de xeneralizadas están as nubes nos planetas e obxectos semellantes.[10] En 2020, os modelos amosaron que a variabilidade do brillo non se pode atribuír sen ambigüidade ás nubes.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Michael C. Liu; (01-10-2013). "The Extremely Red, Young L Dwarf PSO J318-22: A Free-Floating Planetary-Mass Analog to Directly Imaged Young Gas-Giant Planets". Astrophysical Journal Letters 777. Bibcode:2013ApJ...777L..20L. arXiv:1310.0457. doi:10.1088/2041-8205/777/2/L20.
- ↑ 2,0 2,1 Biller, Beth; Vos, Johanna; Buenzli, Esther; Allers; Katelyn; Bonnefoy, Mickaël (2017). "SIMULTANEOUS, MULTI-WAVELENGTH VARIABILITY CHARACTERIZATION OF THE FREE-FLOATING PLANETARY-MASS OBJECT PSO J318.5-22". arXiv:1712.03746. doi:10.3847/1538-3881/aaa5a6.
- ↑ 3,0 3,1 Tremblin, P.; Phillips, M. W.; Emery, A.; Baraffe, I.; Lew, B. W. P.; Apai, D.; Biller, B. A.; Bonnefoy, M. (2020). "Rotational spectral modulation of cloudless atmospheres for L/T brown dwarfs and extrasolar giant planets". Astronomy & Astrophysics 643: A23. arXiv:2009.06269. doi:10.1051/0004-6361/202038771.
- ↑ Gemini Observatory, ed. (07-10-2013). "Gemini Confirms Lonely Planet Floating in Space".
- ↑ "Astronomers using Hawaii telescopes discover planet without a star". Honolulu Star-Advertiser. 09-10-2013. Arquivado dende o orixinal o 14-10-2013. Consultado o 13-07-2021.
- ↑ "A Strange Lonely Planet Found Without a Star". ScienceDaily. 09-10-2013.
- ↑ Institute for Astronomy, University of Hawaii, ed. (09-10-2013). "A Strange Lonely Planet Found without a Star".
- ↑ Young planet, six times more massive than Jupiter, found hanging alone without star Arquivado 14 October 2013 en Wayback Machine. Shelly Jones, Pentagon Post, 12-10-2013
- ↑ Alan Boyle (09-10-2013). NBC News, ed. "Astronomers say they've spotted lonesome planet without a sun".
- ↑ "Edinburgh University astronomers find sunless world". 03-11-2015.