Saltar ao contido

Pobo selk'nam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo selk'nam
Nenos selk'nam en 1898.
Poboación
Poboación total:
Total: c  4000
Rexións principais:
Arxentina2 761 (2010)[1]
Chile1 144 (2017)[2]
Aspectos culturais
LinguaLingua selk'nam (1 persoas fala a lingua en Chile)[3] e castelán
RelixiónAnimismo e cristianismo
Grupos
relacionados
Haush, tehuelches, teushen
Selk'nam.

Os selk'nam, tamén coñecidos como onawo ou ona,[4] son un pobo indíxena da rexión da Patagonia, no sur da Arxentina e Chile, incluíndo as illas de Terra de Fogo. Foron un dos derradeiros pobos nativos de América do Sur en ser contactados por emigrantes europeos occidentais a finais do século XIX. Coa descuberta de ouro e a expansión da gandería de ovellas, os gobernos da Arxentina e Chile comezaron a colonizar e exterminar os pobos indíxenas de Terra de Fogo.

Estaban considerados extintos como tribo, pero en 2023 os seus descendentes mestizos foron recoñecidos como pobo indíxena pola Constitución de Chile. Keyuk Yantén un chileno mestizo de Santiago con devanceiros selk'nam, aprendeu el só a lingua e está considerado o único falante.[5]

Distribución dos pobos indíxenas do sur de Chile. Os selk'nam en amarelo claro.

Aculturización e proceso de recuperación

[editar | editar a fonte]
Enriqueta Gastelumendi (1913-2004) foi unha dos derradeiros descendentes directos do pobo selk'nam, filla de nai selk'nam e pai vasco.

As sociedades que emerxeron do xenocidio na Patagonia austral cubriron cun manto de silencio a participación de distintos actores no proceso, deron por extintos os pobos indíxenas e negaron a súa significación histórica.[6] En 1974 morreu Ángela Loij,[7] quen coñecera o xeito de vida nómade na súa mocidade, na parte arxentina da illa Grande da Terra do Fogo, formando a comunidade Rafaela Ishton.

Contra a década de 1980 quedaban unhas 9 persoas que coñeceran a vida nómade: Pacheco, Francisco Minkiol, nado en 1916 en Río Gallegos, Federico Echelaine, nado en 1905, Luis Garibaldi Honte, nado na Illa Grande da Terra do Fogo, Segundo Arteaga e Rafaela Ishton Martínez. Anne Chapman cita tamén a Rosaria Imperial e Alfredo Rupatini. O grao de coñecemento da lingua selk'nam variaba en cada caso, aínda que probablemente para a segunda década do século XX xa non quedaba ninguén vivo que falase esta lingua como falante nativo.

Bandeira dos selk'nam.

O 12 de decembro de 1996 o Instituto Nacional de Asuntos Indíxenas da Arxentina recoñeceu a personería xurídica da Comunidade Indíxena Rafaela lshton de Ushuaia, pertencente ao pobo selk'nam.[8] O 2 de xuño de 1999 morreu Virginia Choquintel, a derradeira selk'nam pura (filla de pai e nai selk'nam), aínda que non se criou nin conviviu segundo os costumes do seu pobo. Na súa honra bautizouse o museo de historia de Río Grande. A Enquisa Complementaria de Pobos Indíxenas (ECPI) 2004-2005, complementaria do Censo Nacional de Poboación, Fogares e Vivendas 2001 da Arxentina, deu como resultado que se recoñeceron e/ou descenden en primeira xeración deste pobo 696 persoas na Arxentina (ningunha residindo en comunidades indíxenas), das cales 391 vivían na Terra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur; 114 na cidade de Buenos Aires e 24 partidos do Gran Buenos Aires; e 191 no resto do país.

O Censo Nacional de Poboación de 2010 na Argentina revelou a existencia de 2761 persoas que se autorecoñeceron como selk'nam en todo o país, 294 das cales na provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur.[9][10]

En Chile fundouse a Comunidade Covadonga Ona en 2012, recoñecida legalmente como Corporación Selk'nam Chile en 2015,[11] que solicitou o recoñecemento da vila por parte do estado en 2020.[12] O seu obxectivo é «reunir os integrantes do pobo selk'nam, revitalizar a cultura, fortalecer a lingua, costumes, cerimonias e crear alianzas de colaboración con outros pobos vulnerados».[13] En outubro de 2023, promulgouse o recoñecemento legal do pobo selk'nam, converténdose no décimo primeiro pobo indíxena oficial do país.[14]

Na capital chilena, Santiago, formouse o equipo Selknam Rugby en 2019 como homenaxe a este pobo.[15]

  1. "Censo Nacional de Población, Hogares y Viviendas 2010: Resultados definitivos: Serie B No 2: Tomo 1" (PDF) (en Spanish). INDEC. p. 281. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de decembro de 2015. Consultado o 5 de decembro de 2015. 
  2. "Estudio confirma al pueblo Selk'nam como etnia viva y facilita su reconocimiento legal". El Mostrador (en castelán). 6 de xuño de 2022. Consultado o 10 de febreiro de 2022. 
  3. Thurman, Judith (23 de marzo de 2015). "A loss for words: Can a dying language be saved?". The New Yorker (Condé Nast). Consultado o 15 de outubro de 2022. 
  4. Entrada ona en Digalego
  5. Judith Thurman, "A Loss for Words", The New Yorker, 30 de marzo de 2015
  6. Harambour, Alberto (2018). "Los prohombres y los extintos. Patrimonio, identidad e historiografía regional en Magallanes". Cuadernos de Historia. doi:10.4067/S0719-12432018000100057. 
  7. Thereedfoundation.org (27 de maio de 1975). "Angela Loij". Consultado o 1 de xuño de 2011. 
  8. "InfoLEG - Ministerio de Economía y Finanzas Públicas - Argentina". servicios.infoleg.gob.ar. 
  9. "Cuadro 2. Población indígena o descendiente de pueblos indígenas u originarios en viviendas particulares por sexo, según pueblo indígena. Total del país. Año 2010. Pág. 281" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de outubro de 2016. Consultado o 10 de xuño de 2016. 
  10. "INDEC 2010. Pueblos originarios. Región Patagonia." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de novembro de 2015. Consultado o 10 de xuño de 2016. 
  11. Cámara de Diputados de Chile (2019). "Modifica la ley N° 19.253 que Establece normas sobre protección, fomento y desarrollo de los indígenas, y crea la Corporación Nacional de Desarrollo Indígena, con el fin de incorporar al pueblo Selk’nam entre las principales etnias indígenas reconocidas por el Estado". Boletín N° 12862-17. La Corporación Selk’nam Chile, persona jurídica de derecho privado que tiene la representación de la Comunidad Covadonga Ona... 
  12. https://obtienearchivo.bcn.cl/obtienearchivo?id=repositorio/10221/28264/1/BCN2020___Reconocimiento_pueblo_selk_nam.pdf
  13. "Conmemoración del Día de los Ancestros de los Canales Australes de Chile – Noticias UCSH". [Ligazón morta]
  14. "Con reconocimiento del pueblo Selk’nam, Gobierno conmemoró 30 años de la Ley Indígena y creación de CONADI". Ministerio de Desarrollo Social y Familia (en castelán). Consultado o 2024-02-11. 
  15. S.A.P, El Mercurio (8 marzo de 2020). "La trama de cómo se formó Selknam, el primer equipo chileno de rugby profesional que hizo historia en la Súper Liga Americana | Emol.com". Emol. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Luis Alberto Borrero, Los Selk'nam (Onas), Buenos Aires: Galerna, 2007.
  • Lucas Bridges, Uttermost Part of the Earth, Londres, 1948.