Petula Clark
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Sally Clark 15 de novembro de 1932 (91 anos) Ewell, Reino Unido (en) |
Outros nomes | Petula Clark |
Actividade | |
Ocupación | actriz infantil, actriz de teatro, actriz de cinema, compositora, cantante, artista discográfico |
Período de actividade | 1942 - |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Piano e voz |
Selo discográfico | Warner Bros. Records EMI Decca Records Columbia Records Polygon |
Deporte | Esquí |
Participou en | |
1965 | Sanremo Music Festival 1965 (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Leslie Clark |
Premios | |
Páxina web | petulaclark.net |
|
Sally Olwen Clark (CBE), nada en Epsom (Surrey) o 15 de novembro de 1932, é unha cantante, actriz e compositora británica coñecida como Petula Clark. É célebre polas súas cancións de éxito nos anos 1960, en especial "Downtown", "I Know a Place", "My Love", "Colour My World", "A Sign of the Times" e "Don't Sleep in the Subway". Con máis de 68 millóns de discos vendidos no mundo,[1] converteuse na artista británica máis prolífica, segundo se rexistra no Guinness World Records.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Clark naceu en Surrey (Inglaterra), filla de Doris (de solteira Phillips) e Leslie Noah Clark. Ambos os seus pais eran enfermeiros en Long Grove Hospital. Durante a segunda guerra mundial viviu coa súa irmá na casa dos seus avós en Newbridge, Caerphilly (Gales), nunha pequena casa de pedra sen electricidade nin auga corrente. O seu avó era mineiro.[3]
Dende moi nova se interesou en diferentes producións.[4] O seu primeiro público foi en Colliers' Arms en Abercanaid, preto de Merthyr Tydfil.[5] De nena cantou no coro da capela e demostrou talento para as imitacións.[6] O seu pai introduciuna no teatro cando a levou a ver a Flora Robson nunha produción de 1938.
En outubro de 1942, con nove anos, debutou na radio cando acudiu a unha retransmisión da BBC co seu pai. Estaba alí para intentar enviar unha mensaxe a un tío que estaba no estranxeiro, mais o programa retrasouse por un ataque aéreo. Durante o bombardeo, o produtor pediu que alguén actuase para tranquilizar o público e ela ofreceuse a cantar "Mighty Lak' a Rose", con grande éxito. Despois repetiu a interpretación no programa, o que a levou a unhas 500 aparicións en programas para entreter as tropas.[7]
Con só trece anos fixo a súa primeira incursión na gran pantalla co filme A Medal for the General. Ese mesmo ano tamén participou en Strawberry Roan, Query e I Know Where I’m Going!; este foi o principio dunha longa filmografía. Outros dos seus filmes significativos foron Dance May (1950), The Gai Dog (1954), Daggers Drawn (1964) ou Never never Land (1982), entre outros.
Aos vinte e dous anos arrincou simultaneamente unha brillante carreira na música. Estreouse coa canción "The Little Shoemaker", á que seguiron "Alone" e "Sailor", canción que chegou a ser número un en 1960. Precisamente nesta década en que todas as súas cancións se convertían en éxitos, decidiu trasladarse a Francia tras contraer matrimonio con Claude Wolf.[8]
Musicalmente o seu maior éxito foi a canción "Downtown", do compositor Tony Hatch,[9] sinxelo que se colocou no número un no Reino Unido e nos Estados Unidos de acordo á lista de Billboard no ano 1964.[10] Tivo un segundo número un nos Estados Unidos en 1966 coa canción "My Love".
A fama que logrou na música ofreceulle a posibilidade de traballar na televisión en producións de grande éxito.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Medal for the General (1944)
- Strawberry Roan (1945)
- Murder in Reverse (1945)
- I Know Where I'm Going! (1945)
- Trouble at Townsend (1946)
- London Town (1946)
- Vice Versa (1948)
- Easy Money (1948)
- Here Come the Huggetts (1948)
- Vote for Huggett (1949)
- The Huggetts Abroad (1949)
- Don't Ever Leave Me (1949)
- The Romantic Age (1949)
- Dance Hall (1950)
- White Corridors (1951)
- Madame Louise (1951)
- The Card (1952)
- Made in Heaven (1952)
- The Runaway Bus (1954)
- The Gay Dog (1954)
- The Happiness of Three Women (1954)
- Track the Man Down (1955)
- That Woman Opposite (1957)
- 6.5 Special (1958)
- À Couteaux Tirés (1964)
- O val do arco da vella (1968)
- Goodbye, Mr. Chips (1969)
- Drôles de Zèbres (1977)
- Never, Never Land (1980)
- Sans Famille
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mini-Biography". Petula Clark.net. 28 de outubro de 2000. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 18 de agosto de 2015.
- ↑ "Petula Clark Website oficial". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 30 de xaneiro de 2010.
- ↑ Evans, Busola (2013-09-06). "Petula Clark: My family values | Life and style". The Guardian. Consultado o 24 de xuño de 2017.
- ↑ Kon, Andrea, This is My Song: A Biography of Petula Clark. Londres: W.H. Allen & Co. Ltd. 1983 ISBN 0 491 02898 9, pp. 23, 37-38
- ↑ "Petula Clark goes downtown". Wales Online. febreiro de 2007. Consultado o 24 de xuño de 2017.
- ↑ Kon, Andrea, This is My Song: A Biography of Petula Clark. London: W.H. Allen & Co. Ltd. 1983 ISBN 0-491-02898-9, pp. 23, 37–38
- ↑
- Clark's rendition of "Mighty Lak' a Rose" no YouTube (consultado o 23 de abril de 2011).
- ↑ Miller, Michelle (24 de decembro de 2017). "Petula Clark, still on the road". CBS Sunday Morning (CBS). Consultado o 11 de abril de 2019 – vía CBS Interactive.
- ↑ Kon, pp. 157-58
- ↑ Legends: Petula Clark — Blue Lady, broadcast on BBC Four 19 de novembro de 2006
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Petula Clark |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en Surrey
- Nados en 1932
- Cantantes de Inglaterra
- Actores de cine de Inglaterra
- Actores de teatro de Inglaterra
- Actores de televisión de Inglaterra
- Artistas de Columbia Records
- Artistas de Warner Bros. Records
- Artistas de Decca Records
- Artistas de EMI Records
- Nenos prodixio
- Cantantes en lingua alemá
- Cantantes en lingua francesa