Saltar ao contido

Platanaceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Platanaceae

Inflorescencia do plátano común
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Eudicotyledoneae (basal)
Orde: Proteales
Familia: Platanaceae
T. Lestib., 1826, nom. cons.
Xéneros
  • Platanus L., 1753

Platanaceae, as platanáceas, é unha familia de plantas anxiospermas pertencente á orde das proteales. Consta dun único xénero, Platanus, con oito especies que se distribúen dende Asia Menor até Laos en Asia e dende o Canadá a Guatemala nas Américas.

En Galicia é común só unha especie, empregada principalmente en xardinaxe urbana: o plátano común.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Exemplar de Platanus orientalis

Son árbores caducifolias, simpódicas, grandes, coa casca chea de manchiñas caducas en forma de grandes placas irregulares, deixando ao descuberto unha superficie suave, de cor cinsenta. Follas en xeral moi variábeis na forma e nerviación, simples, alternas, máis ou menos dísticas, isobilaterais, palmatinervias e 3-7-lobuladas (palmatífidas a palmatipartidas) cos bordos enteiros ou con dentes glandulares. Talos con radios agregados no xilema, con nós 7-lacunares, felóxeno presente, superficial. Xemas cubertas por unha única escama.

Son plantas monoicas, as flores de cada sexo en inflorescencias separadas. Inflorescencias 1-7(-12) en longos pedúnculos pénsiles, cada unha un capítulo globoso unisexual, pedunculado ou sentado, con numerosas flores, derivado da condensación dunha panícula, cunha bráctea circular no baseamento e bractéolas entre as flores. Flores miúdas, pouco chamativas, hipóxinas, regulares, unisexuais. Receptáculo curto, plano. Disco hipóxino ausente. Perianto reducido. Sépalos 3-4(-8), libres ou basalmente soldados, máis curtos ca os pétalos, triangulares. Pétalos 3-4(-8), espatulado-truncados ou vestixiais, escariosos, frecuentemente ausentes nas flores femininas. Flores masculinas con androceo haplostémono, isostémono, opositisépalo, de 3-4(-8) estames, filamentos curtos ou case ausentes, anteras basifixas, non versátiles, ditecas, tetrasporanxiadas, alongadas, conectivo ensanchado apicalmente, peltado, dehiscencia por valvas lonxitudinais; pistilodio ás veces presente. Flores femininas co xineceo súpero de (3-)5-8(-9) carpelos apocárpicos en 2-3 verticilos, imperfectamente pechados apicalmente, arrodeados de longos pelos, estilodios lineares, estigmas internos, decurrentes en dúas cristas, máis ou menos secos, óvulos 2 por carpelo porén 1 case sempre aborta, ortótropos, bitégmicos, crasinucelados, péndulos, placentación apical a marxinal.

  • Froitos en aquenio, claviformes, agrupados nunha infrutescencia capituliforme globosa, denominada poliantocarpo, cada froito arrodeado por longos pelos.
  • Sementes miúdas, con testa delgada, con endospermo escaso, oleoso e proteináceo, embrión delgado, recto, con 2 cotiledóns lineares, frecuentemente desiguais.
  • Pole en mónadas, subprolato, 16-22 μm de longo, tricolpado, ás veces 6-rugado, tectado-columelado, superficie reticulada, a capa basal tan grosa coma o téctum.
  • Número cromosómico: 2n = 14, 16, 21, 42; x probabelmente igual a 7 ou 8.

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]

A polinización é anemófila. A floración ocorre a principios da primavera, cando están a grelar as novas follas.

As testas que sosteñen os froitos despréndense normalmente ao ano seguinte de ter madurado, polo outono. A dispersión dos froitos individuais, cos seus papos, é anemócora (ás veces de xeito secundario espállanse pola auga).

Ocupan lugares frescos en áreas de clima temperado, sendo frecuentes nas beiras dos ríos e regueiros; fallan completamente en áreas secas ou excesivamente frías.

Fitoquímica

[editar | editar a fonte]

Presentan glucósidos cianógenos derivados de la tirosina, flavonoides del tipo de las proantocianidinas (p, ej. prodelfinidina) y flavonoles (kaempferol, quercetina, miricetina), además de triterpenos (incluyendo ácido betulínico). Carecen de ácido elágico, saponinas y sapogeninas.

Detalles morfolóxicos de Platanus occidentalis

Varias das especies teñen un uso primordial coma árbore de paseo en zonas temperadas, destacando o plátano común (Platanus x hispanica), moi espallado por Europa e América do Norte, e moi resistente, por mor probabelmente ao chamado vigor híbrido, malia que o uso é desaconsellado pola alerxia que producen os seus papos ou viláns. Os seus parentais cultívanse tamén para tal efecto, porén con peores resultados, por ser menos resistentes á polución, entre outras causas. A madeira úsase en ebanistaría, panelados e outros traballos de interior, e é así mesmo moi aprezada para queimar pola súa dura.

Taxons incluídos

[editar | editar a fonte]
Introducción teórica en Taxonomía

O único xénero, Platanus L., 1753, ten coma especie tipo Platanus orientalis L., 1753. Divídese en dous subxéneros: o subxénero Castaneophyllum J.-F. Leroy, 1982, con follas elípticas, pinnatinervias e con estípulas miúdas e escariosas, que inclúe tan só o Platanus kerrii Gagnep., 1939, unha especie illada e relíctica que representa a rama basal da evolución do xénero e é o grupo irmán das restantes especies, que se inclúen no subxénero Platanus.

Nome científico Nome común Distribución Flores Notas
Platanus acerifolia Willd.—Sp. Pl., ed. 4 [Willdenow] 4(1): 474. 1805 "Plátano acerifolio" ?
Platanus algeriensis Hort. ex K.Koch—Dendrologie 2(1): 468. 1872 [dic 1872] "Plátano da Alxeria" ?
Platanus chiapensis "Plátano de Chiapas" sueste de México ? Subxénero Platanus
Platanus gentryi Nixon & J.M. Poole, 2003 "Plátano de Gentry" México occidental ? Subxénero Platanus
Platanus × hispanica
(P. occidentalis × P. orientalis;
sin. P. × acerifolia, P. × hybrida)
Plátano común, Plátano común Orixe cultivada 1-6 Subxénero Platanus
Platanus kerrii Gagnep., 1939. "Plátano de Kerr" Laos, Vietnam, probabelmente no sur da China 10-12 Subxénero Castaneophyllum
Platanus mexicana Moric., 1837[1] "Plátano de México" nordeste e centro de México 2-4 Subxénero Platanus
Platanus oaxacana "Plátano de Oaxaca" sur de México ? Subxénero Platanus
Platanus occidentalis L., 1753[2] Plátano Americano, occidental ou de Virxinia Leste de América do Norte 1-2 Subxénero Platanus
Platanus orientalis L., 1753 [3] Plátano oriental Sueste de Europa, Oriente Medio, Irán, Asia central, Paquistán, India 3-6 Subxénero Platanus
Platanus racemosa Nutt., 1842 (= P. californica Benth., 1844 "Plátano racemosa" California e México 3-7 Subxénero Platanus
Platanus rzedowskii Nixon & J.M.Poole, 2003 "Plátano de Rzedowski" México oriental ? Subxénero Platanus
Platanus wrightii S. Watson, 1875 "Plátano de Wright" ou "álamo" Arizona, Novo México, noroeste de México 2-4 Subxénero Platanus

Híbridos

[editar | editar a fonte]
Casca do Platanus orientalis

O plátano común ou plátano de sombra foi dende antigo considerado un híbrido orixinario do cruzamento entre os parentais Platanus occidentalis e Platanus orientalis; malia non estar clara a súa orixe, que uns localizan en Londres e outros na península Ibérica, e incluso en formas híbridas ou non, naturais ou de cultivo, de Turquía; a cuestión non se ten investigado con técnicas moleculares modernas. Consecuentemente, incluso a nomenclatura é motivo de discusión, polo que los autores anglosaxóns non admiten a prioridade do nome que se acostuma empregar en España (seguindo a Rocha Afonso, 1990, véxase en Referencias). Descoñécese esta planta brava, mais pode aparece naturalizada na beira de regueiros, incluso nalgunhas partes de Galicia.

Híbrido (?) Platanus × hispanica Mill. ex Münchh., 1770 (= P. orientalis var. acerifolia Aiton, 1789; P. hybrida Brot., 1804; P. vulgaris Spach, 1841, nom. illeg.; P. × acerifolia.

Outros nomes propostos para híbridos e probabelmente sinónimos do anterior, que é a única forma inglesa, e do que representarían variantes menores, son:

  • Híbrido Platanus × cantabrigensis A.Henry, 1919
  • Híbrido Platanus × parviloba A.Henry, 1919

Non se atopa unanimidade nas referencias consultadas ase o froito é unha núcula ou un aquenio, diferenza que depende, no último termo, do pouco ou moi lignoso que fique o pericarpo dun froito seco indehiscente monocarpelar e monospermo, como o que presenta esta familia.

  1. Outros nomes: P. lindeniana M. Martens & Galeotti, 1843; P. mexicana var. peltata Jaennicke, 1899; P. chiapensis Standl., 1919; P. oaxacana Standl., 1919; P. mexicana var. interior Nixon & J.M. Poole, 2003).
  2. Outros nomes: P. lobata Moench, 1794; P. excelsa Salisb., 1796; P. vulgaris var. angulosa Spach, 1841; P. integrifolia Hort. ex K. Koch, 1872; P. orientalis var. laciniata Kuntze, 1891; P. orientalis var. palmeri Kuntze, 1891; P. pyramidalis Hort. ex Dippel, 1893; P. glabrata Fernald, 1901; P. densicoma Dode, 1908; P. occidentalis f. attenuata Sarg., 1919.
  3. Outros nomes: P. palmata Moench, 1794; P. umbrosa Salisb., 1796; P. cuneata Willd., 1797; P. elongata Steud., 1821; P. undulata Steud., 1821; P. macrophylla Cree ex W.H. Baxter, 1839; P. nepalensis Hort. ex W.H. Baxter, 1839; P. digitata Hort. ex Steud., 1841; P. vulgaris Spach, 1841; P. algeriensis Hort. ex K.Koch, 1872; P. laciniata Hort. ex K.Koch, 1872; P. nana Hort. ex K.Koch, 1872; P. reuteri Hort. ex K.Koch, 1872; P. umbraculifera Hort. ex K. Koch, 1872; P. insularis Kotschy ex Koehne, 1893; P. pyramidalis Bolle ex Koehne, 1893; P. vitifolia Dippel, 1893; P. cretica Dode, 1908; P. orientalior Dode, 1908.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Kubitzki, K. (1993). "Platanaceae.". Kubitzki, K., Rohwer, J.G. & Bittrich, V. (Editores). The Families and Genera of Vascular Plants. II. Flowering Plants - Dicotyledons. Springer-Verlag: Berlín. ISBN 3-540-55509-9. 
  • Rocha Afonso, M.L. (1990). "Platanus". S. Castroviejo et al.(Editores). Flora Iberica Vol. II. C.S.I.C. ISBN 84-00-07034-8. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]