Prionailurus
Prionailurus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lámina de Prionailurus viverrinus na obra de Richard Lydekker Cats and Carnivora, 1894 | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||
Felis pardochrous Hodgson, 1844 (= Felis bengalensis Kerr, 1792)[1] | |||||||||||||||||||||||
Área de dispersión do xénero Prionailurus
Nota: mapa elaborado pola superposición das áreas de dispersión das súas especies. | |||||||||||||||||||||||
Especies e Subespecies | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Prionailurus é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamilia dos felinos.[1]
Dentro deste xénero inclúense cinco especies,[1] (ou catro, segundo os autores),[2] de felinos de tamaño e aspecto variábel, que viven nas selvas da India e do Sueste Asiático: o Prionailurus bengalensis, o Prionailurus bengalensis iriomotensis[3] o gato de cabeza chata (Prionailurus planiceps), o gato ferruxento (Prionailurus rubiginosus) e o gato pescador (Prionailurus viverrinus). Este último é o máis coñecido e de distribución máis ampla, así como practicamente o único felino que basea a súa dieta no consumo de peixes.
O estado de conservación de cada unha das especies é dispar, aínda que en xeral pódese dicir que todas están ameazadas nalgunha medida debido á destrución do seu hábitat, que se acelerou nos últimos anos á par que o desenvolvemento urbano e industrial do Sueste Asiático. O gato de cabeza chata chegou mesmo a considerarse extinto en 1985, pero por fortuna foi redescuberto dez anos despois; desde aquela aparece na Lista vermella da UICN como especie en estado crítico.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1858 polo explorador e naturalista ruso Nikolai Severtzov, en Rev. Mag. Zool. Paris, (2), 10: 387, quen asignou como especie tipo a Felis pardochrous Hodgson, 1844.[1]
Porén, este nome era sinónimo de Felis bengalensis Kerr, 1792 (que ten prioridade pola data de descrición).
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Prionailurus probalemente derive da unión das voces do grego antigo πρίων príōn, 'serra', relacionada co verbo πρίω príō, 'serrar', 'renxer os dentes', 'trabar', e αἲλουρος aíluros, 'gato'.[4]
Especies e subespecies
[editar | editar a fonte]O xénero está conformado polas seguintes cinco especies, coas subespecies que se indican:[1]
- Prionailurus bengalensis (Kerr, 1792)
- Prionailurus bengalensis bengalensis (Kerr, 1792)
- Prionailurus bengalensis alleni Sody, 1949
- Prionailurus bengalensis borneoensis Brongersma, 1936
- Prionailurus bengalensis chinensis (Gray, 1837)
- Prionailurus bengalensis euptilurus (Elliot, 1871)
- Prionailurus bengalensis heaneyi Groves, 1997
- Prionailurus bengalensis horsfieldii (Gray, 1842)
- Prionailurus bengalensis javanensis (Desmarest, 1816)
- Prionailurus bengalensis rabori Groves, 1997
- Prionailurus bengalensis sumatranus (Horsfield, 1821)
- Prionailurus bengalensis trevelyani Pocock, 1939
- Prionailurus iriomotensis Imaizumi, 1967,[3]
- Prionailurus planiceps (Vigors & Horsfield, 1827)
- Prionailurus rubiginosus (I. Geoffroy Saint-Hilaire, 1831)
- Prionailurus rubiginosus rubiginosus (I. Geoffroy Saint-Hilaire, 1831)
- Prionailurus rubiginosus phillipsi Pocock, 1939
- Prionailurus viverrinus (Bennett, 1833)
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Groves, Colin (2005), en Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. Mammal Species of the World (3ª edición). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. p. 155. ISBN 0-8018-8221-4.
- ↑ Prionailurus Severtzov, 1858 no ITIS.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Algúns autores considérano como unha subespecie de Prionailurus bengalensis).
- ↑ Ailurus no Merriam-Webster Dictionary.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Prionailurus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Prionailurus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jackson, Peter & Adrienne Farrell Jackson (1996): Les félins, toutes les espèces du monde: París / Lausanne: Delachaux et Niestlé. La bibliothèque du naturaliste. ISBN 2-603-01019-0.
- Marion, Rémy; Catherine Marion, Géraldine Véron, Julie Delfour, Cécile Callou & Andy Jennings (2005): Larousse des Félins. París: Larousse. ISBN 2-03-560453-2.
- VV.AA. (1986): Natura. Enciclopedia de los animales. Tomo II. Los primates. Los ungulados. Barcelona: Ediciones Orbis, S.A. ISBN 84-7634-752-9.
- Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore e Londres: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Prionailurus. Asian small cats na ADW.
- Prionailurus Severtzov, 1858] na EOL.
- Prionailurus no Tree of Life.
- Prionailurus no NCBI.
- Prionailurus na Lista vermalla da UICN.