Saltar ao contido

Rubí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rubí
Rubí antes de ser puído
Fórmula químicaAl2O3::Cr
ClaseÓxidos
Sistema cristalinoRomboédrico
CorVermella
BrilloVítreo
Dureza9
FracturaConcoidea
ExfoliaciónMoi imperfecta
RaiaBranca
Densidade3,9-4,1 g/cm3

O rubí (do latín ruber, vermello) é un mineral variedade do corindón da clase dos óxidos cuxa fórmula química é Al2O3, que contén tamén átomos de cromo e que é considerado unha das catro xemas preciosas xunto ó zafiro, a esmeralda e o diamante.

Dunha característica cor vermella, o rubí preséntase en forma de cristais tabulares hexagonais, rematados en certas ocasións en punta e noutras en forma de prisma. A súa cor pode ser rosada despois de ser puído.

Lugares onde se atopa

[editar | editar a fonte]

O rubí atópase nas minas bauxíticas e nos ríos pouco profundos das zonas mesolíticas.

Encóntranse xacementos de rubí en Myanmar, Sri Lanka, India, Madagascar, Tailandia, China e Rusia. Ademais de atoparse en menor cantidade en Suráfrica, Australia, Groenlandia e Estados Unidos. Os da península de Málaca son moi valiosos, chegando a alcanzar en valor ós diamantes do mesmo tamaño.

Usos do rubí

[editar | editar a fonte]

Os seus usos restrínxense á xoiería e as aplicacións láser para crear os láseres de helio-rubí e os de rubí puro.

O seu valor depende da súa cor, tamaño, densidade e pureza.

O rubí sintético

[editar | editar a fonte]

O primeiro rubí sintético fabricouse por vez primeira en 1923, mesturando alume e pigmentos de cromo. Este método permite a produción de pedras moi similares química e fisicamente ás naturais, porén o rubí sintético úsase máis en reloxería que para a fabricación de xoias.

Prepárase da seguinte maneira:

Primeiro mestúrase óxido de aluminio (Al2O3) e óxido de cromo (CrO3) estequiometricamente nun crisol de platino, logo colócase nunha mufla a uns 2000 K e finalmente arrefríase deixando arrefecer o cristal no fondo do crisol.

A ley establece que os cristais sintéticos deben de ser marcados para non ser confundidos cos verdadeiros.

Propiedades

[editar | editar a fonte]

O rubí é duro (dureza 9 na escala de Mohs) e a súa cor varía segundo a concentración de cromo na súa composición. O seu punto de fusión flutúa entre os 2000 K, dependendo tamén da concentración de cromo.

Químicas

[editar | editar a fonte]

O rubí é resistente á corrosión pois é estable cinética e termicamente. Non se pode disolver en ácidos haloxenuros pero si no ácido sulfúrico para formar co cromo ácido crómico e co óxido de aluminio un sulfato ácido de aluminio. Tamén é atacado polos ácidos perclórico, fluorhídrico e hexafluorosílicico.

Outros óxidos

[editar | editar a fonte]

Outros óxidos importantes son:

O rútilo, a magnetita e a casiterita.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]