Traballos e días
Traballos e días (en grego antigo Ἔργα καὶ Ἡμέραι, referido ás veces polo nome latino Opera et Dies) é un poema duns 828 versos escrito por Hesíodo en torno ao ano 700 a. C..
Contido
[editar | editar a fonte]A obra está composta a partir de xéneros poéticos preexistentes que a tradición oral grega incorporara do mundo oriental: sobre todo, variantes do "catálogo" (cuxo exemplo homérico é o canto II da Ilíada): os "calendarios" e os "días"; e de coleccións de consellos, instrucións e proverbios (como o Ahikar asirio).[1] A organización é, comparada coa Teogonía, menos clara, e non se vertebra cronoloxicamente (aínda que os bloques de calendarios agrícolas e de navegación internamente respectan unha cronoloxía), senón tematicamente. As coleccións de proverbios inclúen fábulas, símiles e mitos.[2]
O poema xira en torno a dúas verdades xerais: o traballo é o destino universal do home, pero só quen estea disposto a traballar poderá con el. Os estudosos interpretaron esta obra no contexto dunha crise agraria no continente grego, que inspirou unha vaga de colonizacións en busca de novas terras.[3]
Esta obra mostra as cinco Idades do Home, ademais de conter consello e sabedoría, prescribindo unha vida de honesto traballo e atacando a ociosidade e os xuíces inxustos (como os que decidiron a favor de Perses, o seu irmán), así como a práctica da usura. Describe aos inmortais que vagan pola terra vixiando a xustiza e a inxustiza.[4] O poema considera o traballo como orixe de todo o ben, pois tanto homes como deuses odian aos folgazáns, que parecen abáboros nunha colmea.[5]
En 2020 María Teresa Amado Rodríguez traduciu a obra por primeira volta ao galego para Rinoceronte Editora.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rodríguez Adrados, «La composición de los poemas hesiódicos», p. 203ss.
- ↑ Rodríguez Adrados, «La composición de los poemas hesiódicos», p. 214ss.
- ↑ Espinosa Alarcón,Andrés e Pérez Iriarte, José Luís. "Las formas políticas de la Grecia arcaica a la luz de los factores socio-económicos", en CONVIVIUM, 1965 Nº 19-20, px. 117. http://www.raco.cat/index.php/Convivium/article/view/76271/99079
- ↑ Hesíodo, Obras e días, Canto III, 250: «Sobre a terra mantedora de moitos hai trinta mil Inmortais de Zeus que gardan aos homes mortais; e envoltos de aire, corren acá e alá sobre a terra observando os xuízos equitativos e as malas accións.»
- ↑ Hesíodo, Obras e días, 300: «Os Deuses e os homes odian igualmente ao que vive sen facer nada, semellante aos abáboros, que carecen de aguillón e que, sen traballaren pola súa conta, devoran o traballo das abellas.»
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Friedrich Solmsen, R. Merkelbach et M. L. West (Ediderunt) (1970). Hesiodi Theogonia; Opera et dies; Scutum; Fragmenta selecta (en grego). Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-814071-9.
- Paul Mazon (Ed. y trad.) (1928). Hésiode Théogonie; Les travaux et les jours; Le bouclier (en grego/francés). Paris: Les Belles Lettres. ISBN 2-251-00152-2.
- Paola Vianello de Córdova (1979). ΗΣΙΟΔΟΥ ΕΡΓΑ ΚΑΙ ΗΕΜΕΡΑΙ, Hesiodo: Los trabajos y los Días (en grego/español). México D.F.: UNAM. ISBN 968-58-2543-2.
- Hesíodo (2007). Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen. Buenos Aires: Editorial Losada. ISBN 978-950-03-9420-8.
- — (1997). Obras y fragmentos: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Fragmentos. Certamen. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-3517-7.
- Rodríguez Adrados, Francisco (2001). "La composición de los poemas hesiódicos". Emérita 69 (2): 197–223. Consultado o 13 de maio de 2014.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Texto español no sitio da Biblioteca de Clásicos Grecolatinos.
- Texto español no sitio Imperivm.
- Texto inglés no sitio Theoi; ed. de 1914 de Hugh Gerard Evelyn-White de obras de Hesíodo e de Homero na Loeb Classical Library.
- Texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe).
- Texto bilingüe grego - inglés en Internet Archive; facsímile electrónico da ed. de 1914 de Hugh Gerard Evelyn-White.
- Texto grego en Wikisource.
- Texto grego no sitio da Bibliotheca Augustana (Augsburgo).
- Texto bilingüe grego - inglés en Internet Archive; facsímile electrónico da ed. de 1914 de Hugh Gerard Evelyn-White.