Tropicana Field
Tropicana Field | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 27°46′06″N 82°39′12″O / 27.768333333333, -82.653333333333 |
Localización | St. Petersburg, Estados Unidos |
Alcume | The Trop |
Nomes antigos | Florida Suncoast Dome (1990–93) ThunderDome (1993–96) |
Construción | |
Construción | 22 de novembro de 1986 |
Inauguración | 3 de marzo de 1990 |
Renovación | 2014 |
Arquitecto | HOK Sport (Kansas City) Lescher & Mahoney Sports Criswell, Blizzard & Blouin Architects |
Enxeñeiro | John A. Martin & Associates (bowl) Geiger Engineers P.C. (teito) |
Custo | $130 millóns (1990) |
Estadio | |
Superficie | Shaw Sports Turf (artificial) |
Dimensións | Left Field – 315 ft (96 m) Left-Center – 370 ft (110 m) Center Field – 404 ft (123 m) Right-Center – 370 ft (110 m) Right Field – 322 ft (98 m) Backstop – 50 ft (15 m) |
Capacidade | 25.000 (42.735 incluíndo asentos cubertos con lona) |
Propietario | Cidade de St. Petersburg |
Operadora | Tampa Bay Rays Ltd. |
Localía | Tampa Bay Rays (MLB, 1998– ) T.B. Lightning (NHL, 1993–1996) |
Web | https://www.mlb.com/rays/ballpark |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Tropicana Field, habitualmente coñecido como The Trop, é un parque de béisbol con cúpula situado na cidade de St. Petersburg, Florida (Estados Unidos). É o estadio local dos Tampa Bay Rays da Major League Baseball (MLB) desde a fundación franquía en 1998. Alén do béisbol, tamén é usado para o fútbol americano universitario. Actualmente, é o único recinto das Liga Maiores con cúpula non retráctil, sendo por tanto o único estadio permanentemente cuberto da competición. É ademais o estadio con menor capacidade da MLB, pois unha gran parte dos seus asentos están cubertos cunha lona na maior parte dos xogos dos Rays.
Inaugurado en 1990, o primeiro nome do estadio foi o de Florida Suncoast Dome. Cando os Tampa Bay Lightning da National Hockey League se trasladaron ás instalacións, o nome foi mudado a ThunderDome.[1].Permaneeu así até 1996 cando se trasladaron ao seu novo estadio, o Amalie Arena. En outubro de 1996 a compañía de zumes Tropicana Products asinou un contrato por 30 anos polos dereitos de nome do estadio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Davey, Monica (31 de xullo de 1993). "That rumbling's not so distant". Tampa Bay Times. p. 1B. Consultado o 3 de abril 2019.