Verdum
Epónimo | Batalla de Verdún | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Barcelonès | ||||
Concello | Barcelona | ||||
Distritos (pt) | Nou Barris | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 12.865 (2021) (54.282,7 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 23,7 ha | ||||
Verdum, ou Verdun, é un barrio do distrito de Nou Barris da cidade de Barcelona. Con forma de triángulo, está delimitado polas rúas Artesania, Via Júlia e Via Favència/Ronda de Dalt.
Dúas grandes promocións de edificios deron orixe ao barrio: os Habitatges del Governador, construídos entre 1952 i 1955, de baixa calidade e só 20 metros cadrados cada un, e o polígono da Obra Sindical del Hogar, entidade promotora que tamén edificou o barrio da Trinitat Nova.
Moitas destas vivendas foron reconstruídas posteriormente, nun esforzo do Concello por rehabilitar o barrio. Abriuse a praza de Joan Riera, construíuse un aparcadoiro subterráneo na praza de Francesc Layret, remodelouse a praza Verdum e algunhas rúas convertéronse en zonas para viandantes, como os de Joaquim Valls e Casals e Cuberó.
A denominación Verdum que se lle deu ao barrio provén da cidade francesa de Verdún onde tivo lugar a histórica batalla de Verdún da primeira guerra mundial, e foi en 1919 cando o Concello deu ese nome ao paseo de Verdum.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
En primeiro plano, o barrio visto desde a Estrada Alta de Roquetes
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Verdum |