Saltar ao contido

Vili

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación de Odín, Vili e Vé creando o mundo, por Lorenz Frølich.

Vili era un dos Æsir e fillo de Bor na mitoloxía nórdica. Os seus irmáns eran Ve e Odín. Coñecido por darlle emocións e intelixencia á humanidade. Segundo Loki, na Lokasenna, estaba enamorado da esposa de Odín, Frigg.

Na Völuspá, na creación do primeiro home (Ask) e a primeira muller (Embla), Hœnir e Lóðurr axudaron a Odín. No Gylfaginning, estes son substituídos por Vili e Ve.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]