Virginia Choquintel
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xullo de 1942 Río Grande, Arxentina |
Morte | 2 de xuño de 1999 (56 anos) |
Virginia Ángela Choquintel Napoleón, nada en Río Grande, na Terra do Fogo o 20 de xullo de 1942 e finada ibídem o 2 de xuño de 1999, foi a última selk'nam non mestiza, aínda que non se criou nin conviviu cos costumes do seu pobo.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na Misión Salesiana de Río Grande, onde foi pupila, realizou os seus estudos básicos e viviu gran parte da súa vida. Viu pasar o final dos pobos orixinarios fueguinos, que daquela contaban cuns poucos individuos sobreviventes do xenocidio selk'nam, a mestizaxe e as doenzas importadas polos brancos.
Da súa infancia tiña moi vagas e poucas lembranzas. Lembraba que o seu pai, Natalio Choquintel, quen vivía nunha casa da Misión Salesiana, levábaa todas as tardes a andar dacabalo. Da súa nai, Magdalena Saenes, non lembraba nada xa que sucumbira morreu dunha doenza traída polos brancos, cando ela tiña soamente 4 anos, en 1946.[3]
Virginia Choquintel lembra "Nós tiñamos que saber cantar o Himno Nacional de Chile e o Arxentino, na Misión. Talvez porque había alumnos chilenos. E facíannos facer a bandeiriña chilena”. E cantabamos en latín a misa, como os responsos”. As mozas da María Auxiliadora iamos á Escola Nº2 porque non habían aínda mestras. Levábanos e traíanos unha Irmá”. Pésame a min a tristeza de non ter ninguén do meu sangue. Porque a necesito. Eu ás veces converso soa. Gustaríame estar con Ángela (Loij) (1900 - 1974) ou eu coidándoa a ela ou ela coidándome a min. Non importa. Non sei cantos anos tería ela. Ela era a miña madriña de bautismo".[4]
De moza foise xunto á súa amiga, Sonia Navarro, a vivir a Ramos Mejía, Buenos Aires, onde a axudou a criar os seus fillos e netos, formando así unha familia que a acolleu entre os seus integrantes. Na década dos anos 80 coñeceu a quen fose o seu grande amor e esposo, Nino Napoleón, un italiano moito maior ca ela, co cal non chegou a ter fillos. Nesa mesma década foi recoñecida como unha das últimas selk'nam existentes.
Nunha entrevista realizada a Margarita Maldonado, selk'nam de cuarta xeración por liña materna, manifesta que coñeceu a Virginia uns anos antes da súa morte: “con Pepe, o meu esposo, sacabámola a pasear en coche xunto a Segundo Arteaga e que nun desfile, no ano 1997, levámola en coche, porque non podía camiñar, e ela saudaba á multitude...parecía unha raíña... Cando morreu velámola no Concello Deliberante. Está sepultada no cemiterio de Río Grande. Ela era todo paz e amor. Adoitaba contarnos dos seus noivados, que saía moito a bailar cando estaba en Buenos Aires...A pesar de ter unha vida tan triste...recibiu moito amor de nós...e sentíase feliz co seu esposo, Nino".[5]
Regreso a Río Grande
[editar | editar a fonte]En 1989 foi declarada Cidadá Ilustre e a través da Municipalidade de Río Grande e de Acción Social de Terra do Fogo, déronlle unha casa en Chacra II e unha pensión, polo cal se estabeleceu nesa cidade, coidando do seu esposo que xa era moi maior e padecía diabetes.
Últimos anos de vida
[editar | editar a fonte]A cegueira, e posterior morte do seu esposo Nino foi un golpe devastador para Virginia, que sumado á difícil carga de ser a última sobrevivente pura da súa etnia sumiuna nunha gran depresión e no alcoholismo. Morreu un 2 de xuño na súa casa e foi enterrada xunto ao seu esposo. En Río Grande, a comunidade de descendentes deste grupo realizou unha serie de homenaxes e reclamos reivindicatorios.[6][7]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Na súa lembranza, o museo de Río Grande leva o seu nome.[8][9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Chapman, Anne (2002). Fin de un Mundo - Los selknam de Tierra del fuego. Taller experimental de Cuerpo Pintados LTD. ISBN 956-8136-59-2.
- ↑ "Fallece en Río Grande la selk´nam Virginia Choquintel | Diario del Fin del Mundo". www.eldiariodelfindelmundo.com (en castelán). Consultado o 2020-11-17.
- ↑ Diario del Fin del Mundo
- ↑ Gutiérrez, Oscar Domingo (1999). Los Selknam, ausencias y presencias. Editorial Atelí. p. 86-88.
- ↑ "Evocando a Virginia Choquintel". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2018. Consultado o 31 de outubro de 2017.
- ↑ Ibargüen, Maya Aguiluz (2007). Memorias (in)cognitas: contiendas en la historia. Universidade Autonoma de México. ISBN 978-970-32-4611-3.
- ↑ "Personajes Destacados de Río Grande". Arquivado dende o orixinal o 1 de outubro de 2015. Consultado o 1 de outubro de 2015.
- ↑ D'Agostino, Oscar. "El museo Virginia Choquintel, integrado al circuito nacional de museos argentinos". (( La 97 )) Radio Fueguina (en castelán). Consultado o 2020-11-17.
- ↑ "El museo "Virginia Choquintel" ya tuvo más de 1000 visitantes virtuales - 94diez.com". www.94diez.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2021. Consultado o 2020-11-17.