cravo
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués cravo, e este do latín clāvus.
- Pronuncia: /ˈkɾa.βo̝/ (AFI)
cravo (sg: cravo; pl: cravos)
- En enxeñaría, carpintaría e construción, un cravo é un obxecto delgado, alongado e duro, semellante aos alfinetes, de metal (ferro, aceiro ou unha aliaxe deste) rematado en punta, e cunha cabeza plana para ser espetado cun martelo ou unha pistola de cravos pneumática, usado como sistema de fixación.
- Exemplo: Antigamente os cravos eran de ferro forxado, e na actualidade son dunha aliaxe de aceiro.
- Exemplo: Antigamente os cravos eran de ferro forxado, e na actualidade son dunha aliaxe de aceiro.
- (Botánica) Botón seco da flor do craveiro, que ten a forma dun cravo pequeno, cunha cabeza redonda formada polos pétalos e rodeada de catro puntas, que son as divisións do cáliz, de cor parda escura, olor moi aromático e agradábel, e sabor acre e picante; é medicinal e úsase como especia en diferentes condimentos.
- Exemplo: Botoulle ao guiso canela e cravo.
- Exemplo: Botoulle ao guiso canela e cravo.
- (Medicina) Tecido morto que se desprende dun furúnculo.
- (Veterinaria) Tumor que sae nas patas dos cabalos entre o pelo e o casco.
- (Coloquial) Dor agudo que causa pena.
- Exemplo: Unha vez tiven un cravo / cravado no corazón
(Rosalía de Castro: Follas novas, do poema "Unha vez tiven un cravo").
- Exemplo: Unha vez tiven un cravo / cravado no corazón
- (Coloquial) Persoa ou cousa molesta.
- (Coloquial) Produto de comercio que non se vende.
Termos relacionados
agarrarse a un cravo ardendo, arrimar o cravo, coma un cravo, cravo de rosca, cravo pasado, dar no cravo, non dar nin cravo, polos cravos de Cristo, remachar o cravo, sacar un cravo con outro cravo